3 de noviembre de 2018
O evento, que se celebra o 9 de novembro, está aberto á inscrición de empresas interesadas en mellorar a súa responsabilidade social
A Concellería de Emprego e Economía Social celebra o 9 de novembro a terceira edición da xornada de innovación nas políticas locais de emprego Contrata talento, que fomenta "a contratación responsable e que incida nos colectivos que teñen máis dificultades á hora de acceder ao mercado laboral". O edil responsable, Alberto Lema, sinala que o evento "segue a liña das políticas municipais de emprego que buscan estimular a creación de emprego de calidade grazas á aposta por unha economía social e a innovación". A xornada, que se celebra no Paraninfo da Universidade da Coruña, realízase xunto ás entidades que forman parte do Pacto Local polo Emprego, en concreto, aquelas que conforman a mesa temática de promoción do emprego.
A xornada, que está dirixida a empresas interesadas en mellorar a súa responsabilidade social ao tempo que incrementar a súa competitividade, comezará cunha introdución sobre o Pacto Local polo Emprego como xeito de impulsar unha estratexia dende o ámbito municipal que teña en conta e na que participen ás entidades sociais da cidade. No evento abordaranse tamén os incentivos á contratación de persoas de colectivos vulnerables e a responsabilidade social empresarial dende o ámbito da inserción laboral. Ademais, catro das entidades que participan no Pacto Local polo Emprego --Cáritas, COGAMI, Down Coruña e Fundación Secretariado Xitano-- falarán de experiencias e casos reais nunha mesa redonda.
Pódese atopar máis información sobre o programa e a inscrición na páxina web da Concellería de Emprego e Economía Social: www.coruna.gal/emprego.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible