23 de agosto de 2022
A agrupación celebra, este ano 2022, o seu 140º aniversario
A Coral Polifónica El Eco pechará este venres o ciclo de concertos da Semana Clásica, que se veñen desenvolvendo na praza de María Pita. A súa actuación será ás 21.00 horas.
O coro, que celebra este ano o 140º aniversario da súa fundación, estará acompañado por un grupo de cámara e polo xornalista Diego Losada, que será o condutor do espectáculo.
Coa participación da Coral Polifónica El Eco finalizará a Semana Clásica, na que actuaron, con gran seguimento de público, a Orquestra Sinfónica de Galicia, a Banda Municipal de Música da Coruña xunto con Serafín Zubiri, e a Orquestra de Cámara Galega.
Hoxe será o turno do coro e da Orquestra Gaos, que presentará 'Disney en concerto', tamén desde ás 21.00 horas en María Pita.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible