Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de mayo de 2026

Haberá máis de 500 prazas gratuítas distribuídas en grupos reducidos para garantir a calidade da experiencia e a protección dos bens culturais

A Coruña abre as portas do seu legado oculto coa primeira edición da Semana do Patrimonio Invisible

Do 12 ao 15 de maio haberá visitas guiadas a dez espazos históricos normalmente pechados ao público xeral ou con acceso restrinxido

A Coruña comezará a revelar este mes de maio os segredos do seu patrimonio máis descoñecido coa I Semana do Patrimonio Invisible, unha iniciativa do Concello da Coruña que, do 12 ao 15 de maio, ofrecerá preto de 600 prazas nun itinerario inédito por edificios, infraestruturas estratéxicas, institucións e achados arqueolóxicos habitualmente fechados ao público. Dez tesouros abertos nesta primeira edición e case 600 persoas poderán participar nos percorridos guiados por especialistas. O programa permitirá descubrir a tecnoloxía e as vistas da Torre de Control Marítimo, o pasado coma hotel do Pazo Provincial da Deputación da Coruña e a historia cultural que latexa tras o pano do Teatro Colón.

"Desde o Goberno de Inés Rey buscamos abrir á cidadanía espazos singulares da Coruña e amosar toda a súa historia e relevancia", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo, que hoxe presentou o ciclo de visitas. Un dos puntos fortes desta estrea será o acceso a un dos achados arqueolóxicos máis relevantes da cidade, localizado na rúa Sinagoga 4, unha sorprendente cisterna abovedada no corazón da Cidade Vella que semella conectar co pasado hebreo da Coruña. A estas propostas súmase a Cidade das TIC, que ocupa o espazo da histórica Fábrica de Armas e que amosa unha innovadora reconversión do patrimonio industrial en vangarda tecnolóxica.

O itinerario complétase con institucións que gardan xoias de valor incalculable: o Museo de Belas Artes, onde se visitará a área de restauración; o IES Eusebio da Guarda, coas súas monumentais escaleiras e o seu observatorio meteorolóxico; a Biblioteca Casa do Consulado, considerada a fundación privada máis antiga de España; e a Igrexa de Santo Domingo, coa súa torre descentrada e o seu histórico órgano de Mariano Tafall. Finalmente, como peche do ciclo, resérvase unha visita secreta sorpresa que se revelará só ás persoas que reserven a súa praza.

Reservas e información

Para garantir a calidade do discurso narrativo e a protección dos bens culturais, o acceso ás visitas realizarase en grupos reducidos con prazas moi limitadas. Para participar, é imprescindible realizar unha inscrición previa a través do formulario de reservas dispoñible na web oficial: www.patrimonioinvisible.gal/reserva-a-tua-praza.

O sistema de reservas abrirase hoxe ás 17.00 horas. Co obxectivo de facilitar o acceso á actividade ao maior número de persoas posible, cada solicitante poderá reservar un máximo dunha visita para dúas persoas. Todas as actividades da Semana do Patrimonio Invisible son de carácter gratuíto.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión