Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

19 de febrero de 2026

A Coruña acolle a XXXIV Asemblea Xeral do Eixo Atlántico e reafirma o seu compromiso coa cooperación transfronteiriza

A alcaldesa, Inés Rey, destacou o papel das cidades na seguridade alimentaria e na resiliencia económica

A Coruña acolleu esta mañá no Palacio Municipal de María Pita a XXXIV Asemblea Xeral do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, na que participaron representantes das 41 entidades locais que integran esta rede de cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal.

No acto de apertura interviñeron a alcaldesa da Coruña, Inés Rey; o presidente do Eixo Atlántico e alcalde de Lugo, Miguel Fernández; o presidente da Asemblea do Eixo Atlántico e alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; o vicepresidente do Eixo Atlántico e alcalde de Viana do Castelo, Luís Nobre; e o secretario xeral da entidade, Xoán Vázquez Mao.

Durante o acto de benvida, Inés Rey puxo en valor o papel do municipalismo na construción dun espazo atlántico máis cohesionado e preparado para afrontar os retos actuais. "As fronteiras administrativas non poden ser límites mentais", sinalou, e engadiu que Galicia e o Norte de Portugal "comparten historia, cultura, tecido económico e un futuro común".

Na sesión aprobouse o programa de traballo e o orzamento para o exercicio 2026, consolidando a actividade dunha entidade que actualmente participa en sete proxectos europeos e que continúa ampliando a súa base municipal coa integración dun novo concello, Macedo.

Un dos momentos centrais da xornada foi a presentación do Informe Socioeconómico Anual 2024, elaborado polos catedráticos Fernando González Laxe e Arlindo Cunha. O documento ofrece unha análise conxunta da economía da eurorrexión desde a perspectiva das cidades e sitúa o abastecemento e a seguridade alimentaria como unha prioridade estratéxica nun contexto marcado pola pandemia e polas tensións xeopolíticas recentes.

Neste sentido, a rexedora coruñesa sinalou que "a seguridade alimentaria non é un debate teórico, senón unha cuestión de estabilidade e de responsabilidade pública", destacando a capacidade das cidades para fortalecer os mercados de proximidade e contribuír á resiliencia económica e social dos territorios.

A sesión contou tamén coas intervencións de Fernando González Laxe e de Antón Leis, director da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), quen abordaron os desafíos económicos e de cooperación internacional no actual contexto.

No peche da Asemblea, a alcaldesa agradeceu a participación dos alcaldes e convidados presentes neste encontro, entre eles José Luis Méndez Romeu, Xosé Sánchez Bugallo, Alfredo García, José María Costa e Adelia Pinto.

A XXXIV Asemblea Xeral consolida así o papel do Eixo Atlántico como principal estrutura de cooperación urbana da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, reforzando a planificación compartida en ámbitos como a sustentabilidade urbana, o desenvolvemento económico e a cohesión social. 

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión