Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

5 de octubre de 2022

A Coruña acolle este sábado o primeiro Trofeo Internacional Ferenc Szabó de halterofilia

A proba, que terá lugar no polideportivo dos Rosales, contará con destacados e destacadas deportistas nacionais e internacionais

O Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Deportes, colabora este sábado o Trofeo Internacional Ferenc Szabó de halterofilia. Esta nova proba presentouse esta mañá pola edil de Deportes, Mónica Martínez, e o organizador, Ferenc Szabó.

O campionato comezará no polideportivo municipal dos Rosales a partir das 08.30 horas deste sábado. Pola mañá disputarase a Copa Promesas, a partir das 9.30 horas. Pola tarde, a partir das 16.00 horas, será o campionato internacional. Participarán deportistas de sete cidades diferentes: A Coruña (con dous equipos), Vigo, Ourense, Bilbao, Salamanca, Lisboa e Frankfurt. En total, participarán na proba 32 deportistas, catro por equipo.

Entre os deportistas e as deportistas máis destacadas desta competición están a coruñesa Irene Blanco, campioa do mundo sub17 no ano 2019; Marta García (Salamanca), subcampioa do mundo e campioa de Europa júnior; Laura García (Salamanca), medallista no campionato de Europa júnior; Bruno Soto (Bilbao), campión de España júnior; Amy Abelleira (Vigo), campioa de España sub17; Carla Cid (Ourense), subcampioa de España sub17; Dariana Arancibia (A Coruña), campioa de España júnior; Jennifer Tocuyo (A Coruña), subcampioa de España júnior; Alejandro Méndez (A Coruña), subcampión de España júnior; Eduarda Souza (Lisboa), primeira no ránking mundial sub17 no 2021; e Laura Viol e Arian Urban (Frankfurt), campións de Alemaña sub17.

O Concello, a través da Concellaría de Deportes, tivo a iniciativa de darlle o nome de Ferenc Szabó a este torneo. Szabó é un dos grandes valores do deporte coruñés. Desde a súa chegada á nosa cidade hai 31 anos foi quen de incentivar a centos de rapaces e rapazas para que se aproximasen á práctica da halterofilia. Grazas ao seu labor, na Coruña hai campións de España, de Europa e do mundo de todas as categorías.

Horarios

  • 8.30 horas. Pesaxe da Copa Promesas masculina

  • 9.30 horas. Copa Promesas masculina

  • 10.00 horas. Pesaxe da Copa Promesas feminina

  • 11.45 horas. Copa Promesas feminina

  • Entrega de trofeos ao finalizar a competición

  • 13.00 horas. Pesaxe dos participantes españois no campionato internacional

  • 16.00 horas. Presentación do campionato internacional

  • 16.15 horas. Campionato internacional. Tanda masculina

  • 18.15 horas. Campionato internacional. Tanda masculina

  • Entrega de trofeos ao remate da competición

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión