Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

26 de junio de 2026

A Coruña amosa o seu compromiso coa inclusión no torneo de fútbol-genuine ‘A nosa Champions’, que chega este sábado ao campo da Leyma

O Concello colabora coa Federación Galega de Fútbol na organización da cuarta xornada desta tempada, na que participarán seis equipos de toda Galicia. Entre eles, tres da cidade herculina

O Concello colabora coa Federación Galega de Fútbol na organización da cuarta xornada do torneo de fútbol-genuine 'A nosa Champions', unha iniciativa concibida co obxectivo de fomentar a inclusión social, apostando polo deporte como o eido para promocionala e visibilizala.

A cuarta xornada desta tempada terá lugar este sábado 27 de xuño no campo municipal de fútbol Víctor Fernández Alonso, a Leyma, coa participación de seis equipos galegos: a Fundación Real Club Deportivo, Eirís SD, Vilagarcía SD, Racing Club Ferrol, Torre SD e Pabellón Ourense.

De 09.30 a 12.00 horas, os conxuntos disputarán partidos de vinte minutos -divididos en dúas quendas de dez- en dous campos. Os enfrontamentos serán os seguintes: ás 9.30 horas, Fundación Real Club Deportivo - Eirís SD e Racing Club Ferrol - Torre SD; ás 10.00 horas, Vilagarcía SD - Real Club Deportivo e Pabellón Ourense - Racing Club Ferrol; ás 10.30 horas, Eirís SD - Vilagarcía SD e Torre SD - Pabellón Ourense; ás 11.00 horas, Real Club Deportivo - Racing Club Ferrol e Eirís SD - Torre SD; e xa ás 11.30 horas, Vilagarcía SD - Pabellón Ourense. Ás 12.00 horas terá lugar a entrega de medallas.

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, convidou a cidadanía a non perder esta cita, na que compiten equipos mixtos integrados por persoas do colectivo DI, con discapacidade intelectual. O edil fixo fincapé na importancia de apoiar e impulsar este tipo de iniciativas, "que amosan o inmenso potencial que ten o deporte en termos de integración, un compromiso compartido polo Goberno de Inés Rey e que apoiamos firmemente pola súa capacidade de transmitirlle ao conxunto da sociedade valores fundamentais como a deportividade, solidariedade e empatía".

A celebración do torneo 'A nosa Champions' na Coruña dá continuidade á recente programación de eventos que reforzan a filosofía do Concello de posicionar A Coruña como unha cidade onde o deporte non só axude a interiorizar hábitos saudables, senón tamén a exercer coma un motor de inclusión, tal e como lembrou a concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa.

Por exemplo, coa recente celebración do Campionato de España de Rugby Inclusivo, que tivo lugar a pasada fin de semana na Cidade Deportiva da Torre-Arsenio Iglesias. Esta cita, apoiada polo Concello e a Federación Galega de Rugby, foi posible grazas a un convenio subscrito entre a Fundación Emalcsa e o CRAT.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión