7 de octubre de 2025
O Concello, a través do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, organiza un programa de actividades para lembrar a chegada do tren o 10 de outubro de 1875, acontecemento clave na modernización da cidade
O Concello da Coruña, a través do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, conmemorará este mes de outubro o 150 aniversario da chegada do ferrocarril á cidade, un feito histórico que tivo lugar o 10 de outubro de 1875 e que supuxo un antes e un despois no desenvolvemento económico, social e urbano da Coruña.
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, destacou que "a chegada do tren marcou o inicio da modernización da cidade e a súa conexión coa Meseta, converténdose nun motor de transformación e progreso", e sinalou a importancia de poñer en valor a historia ferroviaria coruñesa a través dun programa conmemorativo aberto á cidadanía nun momento, ademais, no que a historia do ferrocarril na cidade contará en breve cun novo fito coa chegada da estación intermodal.
Ao longo das vindeiras semanas, desenvolveranse actividades divulgativas e culturais que permitirán afondar no impacto que tivo este medio de transporte na cidade, grazas á colaboración de especialistas en historia, urbanismo e economía. Estes actos estarán organizados polo Instituto Cornide e contarán co apoio do Concello.
O tramo entre Lugo e A Coruña foi o segundo en entrar en funcionamento en Galicia, despois do Santiago-Carril, e converteu A Coruña na primeira cidade galega conectada por tren co resto da Península. A comunicación completa con León e Palencia non se produciría ata 1883, e con Santiago non chegaría ata 1943.
A historia desta conexión está intimamente ligada a figuras como Martínez Picabia, impulsor da concesión inicial da liña en 1857, e Celedonio de Uribe, enxeñeiro responsable do proxecto final que marcaría o trazado ferroviario que chegaría á cidade.
Con esta efeméride, o Goberno de Inés Rey quere recuperar a memoria histórica dun momento clave para a cidade e fomentar o coñecemento cidadán sobre os procesos que configuraron a actual estrutura urbana da Coruña.

13 de diciembre de 2025

12 de diciembre de 2025

12 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible