31 de julio de 2026
A alcaldesa, Inés Rey, celebrou hoxe en María Pita unha reunión cos rexedores Ángel García Seoane e Carlos Calvelo, na que se acordou constituír unha mesa de traballo trimestral para a gobernanza metropolitana e a execución de proxectos conxuntos
Os concellos da Coruña, Arteixo e Oleiros avanzan de forma conxunta co obxectivo de impulsar a Área Metropolitana, cuestión que centrou as conversas mantidas hoxe no Palacio Municipal de María Pita, nunha reunión na que por parte coruñesa asistiron a alcaldesa, Inés Rey, e o primeiro tenente de alcaldesa, José Manuel Lage; por parte de Oleiros o seu alcalde, Ángel García Seoane; e por parte de Arteixo o rexedor Carlos Calvelo.
Na reunión abriuse camiño a unha proposta de acordo para o impulso da gobernanza metropolitana, partindo dunha base esencial: que a área urbana da Coruña constitúe un espazo económico, social e territorial plenamente integrado, no que milleiros de persoas se desprazan diariamente entre municipios para traballar, estudar ou acceder aos servizos públicos.
"Esta realidade fai necesario avanzar en mecanismos estables de cooperación que permitan afrontar de maneira conxunta os retos compartidos. A coordinación e a unión entre administracións resulta esencial para mellorar a mobilidade, optimizar a prestación dos servizos públicos, impulsar infraestruturas e proxectos de interese común, favorecer a captación de financiamento e reforzar a competitividade do conxunto da área metropolitana, todo iso preservando a autonomía e identidade de cada concello", expresou a alcaldesa.
Na reunión a alcaldesa e os alcaldes acordaron iniciar unha folla de ruta compartida que sente as bases dunha gobernanza metropolitana baseada no diálogo, na cooperación institucional e no consenso.
En base a isto, acordouse constituír a Mesa de Traballo para a Gobernanza Metropolitana, integrada polos concellos asinantes, que se reunirá con carácter trimestral, co obxectivo de identificar prioridades comúns, coordinar actuacións e impulsar proxectos de interese metropolitano.
Ademais, impulsarase o estudo das medidas necesarias para avanzar cara á prestación conxunta de servizos de interese común, comezando pola mellora do transporte público e da mobilidade entre os concellos limítrofes, servizos de abastecemento e saneamiento, equipamentos públicos compartidos e infraestructuras viarias supramuncipais, analizando fórmulas de coordinación, integración dos servizos e outras actuacións de interese a cidadanía.
Por último, os concellos participantes na reunión comprometéronse a impulsar estes traballos desde o consenso, a cooperación leal e o respecto ás competencias de cada administración, promovendo unha folla de ruta común que permita avanzar, de forma progresiva, cara a unha gobernanza metropolitana eficaz ao servizo da cidadanía.
A cita de hoxe foi un punto de partida para artellar unha futura Área Metropolitana cuxa definición aínda non está pechada e fica aberta a aqueles concellos que pola súa proximidade consideren de interés para os seus cidadáns consensuar e compartir servizos.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible