Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

22 de marzo de 2021

A Coruña réndelle homenaxe a Tito, pioneiro do surf en Galicia

A alcaldesa, Inés Rey, descubriu unha placa en recordo ao mestre que, xunto con Rufino Tizón, deu coa fórmula para fabricaren de xeito autodidacta as táboas ás que se subiu a primeira xeración galega deste deporte

A alcaldesa, Inés Rey, descubriu esta tarde unha placa na Fonte dos Surfistas, en homenaxe ao pioneiro deste deporte na Coruña e en Galicia, Roberto Fariña García, máis coñecido como Tito, que morreu o pasado mes de novembro. A rexedora recordou que o mestre do surf, que hoxe cumpriría 75 anos, tivo unha vida pouco convencional e que, xunto a Rufino Tizón, enxeñaron a fórmula para construíren desde os anos 70 sobre 300 táboas ás que subiron os primeiros galegos en practicaren esta especialidade. Non había máis precedentes na cidade que un asturiano que viñera estudar Náutica e algúns autralianos despistados que paraban na súa ruta a Portugal.

Rey explicou que tampouco contaban co material axeitado nin con libros "mais, á forza de ensaio-erro, crearon a marca Rufo's Surfboards". Ademais, destacou o xesto da asociación Lobos de Mar Surf Club, que xunto con esta placa, promove en setembro un tributo no mar cando as condicións sanitarias o permitan e un libro sobre a súa vida, en que participaron máis de 400 persoas próximas a Tito Fariña.

A alcaldesa explicou que Tito marcou no mapa de Galicia as mellores rompentes do país: "foi o primeiro en facelo porque naquel tempo non había máis 'app' que Tito para che dicir que pola dirección do vento e a forza do mar debías aparcar a furgoneta nesta praia ou naquela de máis alá". Contou que así foi como a primeira xeración de surfistas, mexida polas táboas de Tito e Rufino, comezou a pasalo ben peiteando as ondas do mar e que despois virían dúas máis para consolidaren un deporte con moito tirón na Coruña: "desde o Concello queremos apoiar o colectivo de surfistas que propiciou xente coma Tito e ofrecerlles eventos como a Coruña Big Waves, que se tivo que aprazar pola pandemia mais que nos permitiu vermos adestrar no Portiño a algúns dos mellores surfeiros do mundo". Engadiu que o surf, como o resto dos deportes, promove o compañeirismo, a forza de superación, a perseveranza "e a satisfacción de sermos seres autónomas/os e independentes. Libres como o foi Tito".

No acto tamén estiveron presentes familiares e amigos do falecido, xunto a unha representación da comunidade surfeira, o seu amigo Chicho Torreiro, que lle dedicou unhas palabras, e a concelleira de Deportes, Mónica Martínez.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión