Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de maio de 2023

A Coruña reúne a persoas expertas nacionais e internacionais nun congreso referente en Psicoloxía Clínica

A cidade reforza a súa posición como destino MICE

A Coruña acolle dende hoxe e por primeira vez o Congreso da Sociedade Española de Psicoloxía Clínica-ANPIR. Trátase do XXII foro nacional e III internacional e reúne na cidade ata o sábado a persoas expertas en psicoloxía procedentes de distintos países para debater sobre as necesidades da poboación en materia de saúde mental. Con este congreso, que se realiza en Palexco, conmemóranse os 25 anos da Especialidade en Psicoloxía Clínica e A Coruña afianza a súa posición como destino MICE. Especialistas como Lucy Johnstone ou Ben Furman participan neste evento, un referente en Psicoloxía, e que conta coa colaboración do Concello da Coruña a través do Consorcio de Turismo e Congresos da Cidade.

Os eventos MICE son moi relevantes para unha cidade como A Coruña, que cada ano afianza a súa situación como destino de turismo de congresos e reunións. Esta modalidade turística, que congrega cada ano na cidade a expertos/as de distintas disciplinas chegados/as de distintos países, é importante desde o punto de vista económico e sitúa A Coruña á vangarda en temas de investigación e avance científico.

Neste congreso trataranse temas como a saúde mental da infancia e a adolescencia ou os dereitos humanos en saúde mental, co lema "Desbordando marcos". Durante os tres días haberá debates, conferencias e talleres prácticos. O congreso finalizará o sábado ao mediodía coa entrega do XVII Premio ANPIR Jóvenes Investigadores en Psicoloxía Clínica e o VI Premio ANPIR ao mellor artigo sobre Psicoloxía Clínica no Sistema Nacional de Saúde.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión