24 de octubre de 2025
O certame, impulsado por divulgadoras galegas e con apoio institucional, promove a divulgación científica en galego mesturando rigor, emoción e humor
A cidade da Coruña converterase novamente nun punto de encontro para a divulgación científica coa celebración da final do concurso "Ciencia Calidade", que terá lugar o vindeiro sábado 8 de novembro ás 18.30 horas na Domus.
Este certame de monólogos científicos en galego está promovido polas divulgadoras Andrea Muras e Eva Cabanelas, co apoio da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (Divulgacción), e conta coa colaboración do Concello da Coruña.
Durante a final, as persoas participantes presentarán en directo as súas pezas orixinais, de ata tres minutos de duración, combinando coñecemento científico con humor, emoción e creatividade. O obxectivo é achegar a ciencia á cidadanía dun xeito accesible, atractivo e en lingua galega.
O acceso ao evento será gratuíto mediante invitación, que poderá descargarse a través da seguinte ligazón Ciencia Calidade 2025 (IV edición) a partir do venres 24 de outubro.
"A Coruña é unha cidade que aposta pola ciencia, pola cultura e pola lingua galega. Apoiar iniciativas como Ciencia Calidade encaixa co noso modelo de cidade: aberta, creativa e con vocación divulgadora", destacou o concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro.
O Goberno local continúa así a impulsar a cultura científica e a innovación como ferramentas para achegar o coñecemento aos distintos públicos, apostando pola difusión do saber en formatos próximos e participativos. Esta final é unha oportunidade para visibilizar o talento galego e fomentar a curiosidade científica desde a diversidade e a lingua propia.

24 de abril de 2026

25 de marzo de 2026

16 de marzo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible