Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

2 de enero de 2023

Levarase a cabo unha regulación das zonas de carga e descarga para facilitar o traballo aos transportistas, controlando o correcto uso desas zonas

A implantación das Zonas de Baixas Emisións na Coruña non suporá novas restricións de tráfico nin segregación por tipo de vehículo

A implantación da Zona de Baixas Emisións na cidade suporá a instalación de pantallas para ofrecer aos condutores información dos fluxos de tráfico para mellorar en tempo real a fluidez do mesmo, ofrecendo alternativas

O Concello dará cumprimento ás pautas marcadas pola Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética, que establece diversas medidas a aplicar nas cidades de máis de 50.000 habitantes, implantando as denominadas Zonas de Baixas Emisións (ZBE) na Coruña. Dita normativa, como xa adiantara a alcaldesa, Inés Rey, no seu día, non implicará máis restricións ao tráfico de vehículos nin a segregación dos mesmos por tipo de combustible.

Desde o vindeiro día 6 de xaneiro sinalizaranse dúas zonas de baixas emisións na Coruña: a Mariña e a Cidade Vella. Ditas zonas xa estaban restrinxidas ao tráfico de vehículos (só permitidas para residentes e para o transporte público), polo que non haberá cambios na accesibilidade. A Coruña ten avanzado nos últimos anos na creación de zonas peonís e de tráfico restrinxido, polo que xa cumpre e mesmo mellora os parámetros para o establecemento de zonas de baixas emisións. 

O Goberno municipal segue a tomar medidas para gañar espazos públicos e destinalos ás persoas. Os esforzos do Concello seguirán focalizados en fomentar o transporte público, expandir o uso das bicicletas, a través do renovado servizo de BiciCoruña, e a creación de novos espazos peonís.

As vantaxes da Zona de Baixas Emisións (ZBE)

A implantación da Zona de Baixas Emisións na cidade suporá a instalación de pantallas para ofrecer aos condutores información en tempo real dos fluxos de tráfico, así como o control de entrada en zonas que xa son peonís e nas que seguen accedendo vehículos non habilitados fóra dos horarios establecidos.

Ademais, tamén permitirá regular as zonas de carga e descarga para facilitar o traballo aos transportistas, controlando o correcto uso desas zonas, e permitirá tamén axilizar notablemente os permisos de acceso ás zonas restrinxidas xa existentes.

Neste sentido, o despregamento tecnolóxico na cidade permitirá facer estudos moito máis detallados do tráfico e, con eles, estudar os fluxos en tempo real para tomar decisións que melloren a fluidez e faciliten un novo deseño da mobilidade.

Para concretar estes avances, o Concello aprobou o pasado mes de xuño unha serie de investimentos, por un valor superior aos 6 millóns de euros, dos que unha parte corresponden aos fondos Next Generation captados durante o vixente mandato.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión