2 de septiembre de 2025
Inés Rey salientou “o compromiso da Sinfónica coa cidade e coa formación das novas xeracións” durante o acto celebrado no Palacio da Ópera
A programación inclúe 22 concertos de abono con figuras internacionais como Roberto González-Monjas, Javier Perianes ou Maximilian Hornung, e destaca con proxectos como Chorus ou a xira no Reino Unido
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu esta mañá no Palacio da Ópera a presentación da nova tempada de abono da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), que se desenvolverá entre outubro de 2025 e xuño de 2026. Acompañárona o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; o director xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo; e o xerente da OSG, Juan Antonio Cuéllar.
Durante a súa intervención, a rexedora salientou que "a Sinfónica é unha institución estratéxica para a cidade, un motor cultural e un referente de excelencia que tamén contribúe á formación e ao acceso á cultura das novas xeracións".
"A aposta do Concello da Coruña pola cultura é firme, e a OSG é un dos mellores exemplos do potencial que temos como cidade creativa, innovadora e aberta ao mundo", engadiu Rey, quen puxo en valor a colaboración entre administracións e a vontade de abrir novas vías de financiamento para garantir a sustentabilidade do proxecto a longo prazo.
Unha tempada diversa, con visión internacional e compromiso social
A programación da tempada 25-26 inclúe 22 concertos de abono con figuras recoñecidas da dirección internacional como o director titular Roberto González-Monjas, o ex titular Dima Slobodeniouk, o director honorario Víctor Pablo Pérez e o asociado José Trigueros.
Participarán tamén tres directoras convidadas de prestixio internacional -Ana María Patiño, Eva Ollikainen e Delyana Lazarova- e a nova concertino da OSG, a violinista vasca Olatz Ruiz de Gordejuela.
Entre os solistas convidados destacan nomes de referencia como Javier Perianes, Alexandre Kantorow, Maximilian Hornung ou Thibaut García.
Ademais, a OSG levará a cabo a súa primeira xira por Reino Unido, consolidando a proxección internacional da formación e reafirmando o papel da Coruña como referente cultural no exterior.
A música como ferramenta de inclusión e futuro
No marco do compromiso co acceso á cultura e a formación musical, a OSG abrirá a maior parte dos seus ensaios xerais a estudantes de secundaria e conservatorios de toda Galicia.
Ademais, programaranse espectáculos didácticos como Lúa, do compositor galego Fernando Briones, e recuperarase a dinámica dos tres encontros anuais da Orquestra Xove, que por primeira vez se celebrarán en diferentes localidades da comunidade.
A tempada contará tamén coa participación da OSG no proxecto "Chorus", impulsado pola Concellería de Educación do Concello da Coruña, un espectáculo coral que reunirá a todas as agrupacións infantís e xuvenís da OSG e a máis de 750 escolares de centros educativos da cidade.
Descarga aquí a programación da temporada de abono 2025-2026 da Orquesta Sinfónica de Galicia (3 MB)

11 de enero de 2026

10 de enero de 2026

11 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible