17 de junio de 2025
Esta proposta, que conta co apoio do Concello, combina patrimonio, turismo e música de cámara con entrada libre
A Orquestra de Cámara Galega (OCGA) ofrecerá o xoves 20 de xuño ás 21.00 horas na Igrexa dos Dominicos o primeiro concerto do Ciclo de Concertos de Verán, un proxecto cultural que achega a música clásica aos espazos históricos máis emblemáticos da cidade da Coruña. "Desde o Goberno de Inés Rey apostamos o achegar a cultura a toda a cidadanía e facelo da man de entidades e formacións como a Orquestra de Cámara Galega supón un valor engadido", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
Ao longo de máis de 30 anos, a OCGA mantivo unha sólida actividade musical, tanto dentro como fóra de Galicia. Fundada e dirixida polo violinista Rogelio Groba Otero, a orquestra inaugurará o ciclo cun programa que inclúe a 'Passacaglia' de Haendel-Aslamazyan, a 'Suite Holberg' de Grieg, o 'Divertimento' de Rogelio Groba Otero e as 'Catro Bagatelas' de Rogelio Groba, exemplos do compromiso da formación coa música galega contemporánea.
O Ciclo de Concertos de Verán aposta pola excelencia artística, a accesibilidade e a posta en valor do patrimonio arquitectónico da cidade. Celebrarase en catro enclaves históricos: a Igrexa dos Dominicos, a Igrexa das Capuchinas, o Paraninfo da Universidade e Afundación. Todos os concertos serán de acceso libre ata completar aforo.
O ciclo contará coa participación de intérpretes de prestixio internacional como Pierre Hantaï (clave), Nicolás Varela Irvine (piano) e o Ensemble Groba, ademais da propia OCGA.
Este proxecto conta co patrocinio do Concello da Coruña. A Orquestra de Cámara Galega continúa así o seu labor de achegar a música clásica a novos públicos, co obxectivo de enriquecer a vida cultural da cidade e fomentar o turismo cultural.

15 de diciembre de 2025

14 de diciembre de 2025

12 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible