Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de febreiro de 2025

A Orquestra Sinfónica de Galicia participará na nova edición do festival Musika-Música de Bilbao, para homenaxear o compositor Maurice Ravel

O festival terá lugar entre os días 7 e 9 de marzo. A OSG terá á fronte o director estadounidense Andrew Litton

A Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) será unha das formacións musicais convidadas na 24.ª edición do festival de música clásica Musika-Música, que organizará o Ayuntamiento de Bilbao entre o 7 e 9 de marzo, cun programa de máis de 70 concertos e a participación de máis de 1.500 intérpretes.

A OSG será, precisamente, unha das grandes protagonistas da xornada inaugural. O Palacio Euskalduna acollerá unha actuación na que o equipo de profesionais da orquestra interpretará un concerto en homenaxe ao compositor francés Maurice Ravel, coincidindo co 150.º aniversario do seu nacemento.

Unha das figuras destacadas da actuación será o recoñecido director de orquesta norteamericano Andrew Litton, que levará a batuta da sesión. O neoyorquino, que estivo á fronte dalgunhas das máis prestixiosas agrupacións orquestrais do mundo, como a Filharmónica de Nova York, a Sinfónica de Chicago, ou a Filarmónica de Londres, dirixirá a OSG, que pechará a súa participación en Bilbao coa Novena sinfonía de Beethoven.

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, puxo en valor a volta da OSG ao festival bilbaíno. É a sétima vez que a Sinfónica participa no Musika-Música desde a súa primeira estadía en terras biscaíñas no ano 2017. "Isto amosa unha vez máis que a OSG non ten fronteiras e que se recoñece a súa extraordinaria calidade, ao ser como é un dos buques insignia do patrimonio cultural e musical galego", destacou Castro.

O Musika-Músika, xa coas entradas á venda, xirará este ano en torno ás emocións, cun programa que orbitará en torno a lendas como Vivaldi, Chopin, Dvorak, Strauss, Bach e Handel, e tamén Beethoven e Ravel.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión