Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

13 de julio de 2020

A OSG traslada a súa programación ao Coliseum co fin de garantir as medidas de seguridade

A alcaldesa, Inés Rey, asegurou na presentación que a orquestra se adaptará ás esixencias da situación sanitaria actual sen que as citas perdan forza A formación ofrecerá en setembro tres recitais pensados para distintos públicos como o familiar e a mocidade cun concerto en que se mesturará música e maxia, un segundo en que repasarán éxitos do clásico e do rock and roll e unha dobre sesión co artista coruñés Xoel López

A alcaldesa, Inés Rey, presentou esta mañá a nova tempada da Orquestra Sinfónica de Galicia xunto ao seu xerente, Andrés Lacasa, e ao director da formación, Dima Slobodeniouk, que anunciaron o traslado da formación ao Coliseum grazas á colaboración co IMCE, o que permitirá cumprir cos protocolos de prevención que esixe a actual situación sanitaria. A rexedora recordou o recente falecemento do músico John Aigir Hurn, todo un símbolo da OSG que levaba 28 anos tocando na Coruña, "o noso trompetista que tanto nos alimentaba a alma coa súa música desde a OSG e desde a fiestra durante o confinamento". Rey sinalou que a Sinfónica de Galicia presenta a programación máis esixente por tela que adaptar ás necesidades deste momento "sen que perda forza" e asegurou que tanto a orquestra como o IMCE estarán á altura.

Pola súa parte, o xerente Andrés Lacasa destacou un novo ciclo a modo de pretempada que terá lugar en setembro "do que estamos seguros que será moi beneficioso para os espectadores en xeral", e que está pensado para distintos públicos coa participación nun dobre pase de Xoel López os días 25 e 26, un concerto familiar o 5 en que se mesturará música e maxia e un terceiro, o 12, sobre éxitos do clásico e do rock and roll. O director Dima Slobodeniouk afirmou que non sabe de ningunha orquestra en Europa e Estados Unidos que poida empezar unha programación normal nunha situación única, polo que "é un privilexio poder tocar no Coliseum e manter a nosa tempada como está".

O programa comezará en setembro e distribuirase por bloques -outubro-decembro, xaneiro-marzo e abril-xuño- con descontos para as 1.800 persoas aboadas da OSG da pasada tempada 2019-2020, ás que lles reservará a súa butaca no Pazo da Ópera. A OSG abrirá o ciclo de abono en outubro coa "Sinfonía nº 9" de Gustav Mahler, baixo a dirección de Dima Slobodeniouk e pecharase en xuño co "Requiem" de Mozart, nun recital en que a agrupación orquestral compartirá escenario co seu Coro e as súas Orquestras Infantís, que celebrarán o seu décimo aniversario.

Beethoven -do que se celebran os 250 anos do seu nacemento- terá unha importante presenza no repertorio, seguido de Gustav Mahler e Richard Strauss. Ademais, estrearán "Donna nobis pacem" do compositor galego Juan Durán;  "Memoria do Ocre", de José María Sánchez Verdú, en homenaxe ás vítimas da COVID-19; "Concerto para baixo e orquestra" de Jukka Linkola, "Sound and Fury" de Anne Clyne, "Concerto para oboe" de Christopher Rouse e o "Concerto para trompa", de Hans Abrahamsen. A programación contará con algúns dos directores e solistas de maior prestixio internacional. Aos xa habituais Eliahu Inbal, Andrew Litton, James Conlon, Carlo Rizzi, Rumon Gamba, Josep Pons, Marc Albrecht, David Grimal, Víctor Pablo Pérez, como director honorario, e José Trigueros, como director asociado, sumaranse á fronte da OSG mestres como Nuno Coelho, Stefan Solyom ou Roberto González-Monjas.

No apartado de solistas destaca o debut do barítono Matthias Goerne, cun programa dedicado a Richard Wagner, así como o da soprano Chen Reiss cos "Catro últimos lieder", de Richard Strauss. Volverá o violinista Frank Peter Zimmermann co "Concerto" de Schumann, a pianista Elizabeth Leonskaja co "Concerto nº 2", de Brahms ou o pianista Rafal Blechacz, que interpretará o "Concerto nº 1" de Chopin.

Proxecto 2020(21)

A Sinfónica de Galicia porá en marcha o seu Proxecto 2020(21), que inclúe a encarga e a estrea de vinte obras doutros tantos compositores galegos a cargo de once grupos de cámara do propio conxunto orquestral.

A iniciativa practicamente abarcará todas as tendencias, estéticas e xeracións da creación galega actual, desde referentes como o compositor Rogelio Groba e autores recoñecidos internacionalmente como Juan Durán, Fernando Buide, ou Wladimir Rosinskij até voces representadas, entre outros, por Carme Rodríguez, Hugo Gómez-Chao ou Sofía Oriana, cunha especial mención ao recentemente falecido compositor e crítico musical Julio Andrade.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión