Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

20 de febrero de 2026

A pasarela provisional entre estacións abrirá ao tránsito peonil o vindeiro luns 23 de febreiro

O Concello ultima as tarefas previas para habilitar o paso de viandantes pola estrutura que sobrevoa Alfonso Molina. Nos vindeiros días iniciarase a desmontaxe da pasarela orixinal de cara á súa renovación en taller

A alcaldesa, Inés Rey, informou esta mañá de que a pasarela provisional entre estacións habilitada sobre Alfonso Molina abrirá ao tránsito peonil o vindeiro luns 23, mantendo así a conexión que sobrevoa a avenida mentres se inician os traballos de desmontaxe da pasarela orixinal, que será renovada.

A apertura da estrutura provisional chega despois de varias semanas de traballos que incluíron a construción das cimentacións a un lado e ao outro da avenida -no bordo da rúa Caballeros e no lindeiro á gasolineira-, probas de carga, a colocación do vano central da pasarela e, xa días atrás, a instalación das ramplas laterais.

Agora, tras as últimas comprobacións en materia de seguridade viaria, o Concello ultima a apertura da pasarela, que estará aberta ao paso de viandantes ata que rematen as tarefas de mellora previstas na estrutura orixinal, que se levarán a cabo en taller.

Tal e como se informou meses atrás, a pasarela entre estacións de Alfonso Molina precisa de actuacións en materia de saneamento e pulido, dada a exposición permanente da estrutura ás inclemencias meteorolóxicas -coa conseguinte erosión dos materiais- e tamén polo desgaste derivado do seu uso diario.

"Esta pasarela é fundamental para manter unha conexión peonil e accesible entre Catro Camiños e a contorna dos Mallos, moi especialmente entre a terminal de autobuses e a ferroviaria ata que estén habilitadas na intermodal", apuntou Rey, que fixo fincapé en que a pasarela provisional supón unha solución temporal para manter ininterrompido este itinerario, ata a volta da pasarela orixinal xa renovada e mellorada.

Neste sentido, a previsión dos servizos municipais é que xa a comezos da semana que vén se poda iniciar a desmontaxe das ramplas laterais da pasarela orixinal, o que esixirá cortes de tráfico en horario nocturno neste sector de Alfonso Molina, dos que se informará previamente a través das canles oficiais do Concello.

Os traballos, adxudicados á empresa Seranco, supoñen un investimento de 850.000 euros.

Un plan de continuidade para o mantemento e conservación de pasarelas na cidade

A intervención na pasarela entre estacións de Alfonso Molina supón un paso máis no abano de melloras que está a executar o Goberno de Inés Rey nas diversas estruturas de titularidade municipal que están repartidas pola cidade.

Neste sentido, e desde o pasado mandato, o Executivo local vén traballando cun plan de continuidade que supuxo actuacións nas pasarelas que sobrevoan a avenida da Pasaxe, a da rolda de Nelle coa Falperra e tamén a que dá acceso ao parque de Santa Margarida sobre a avenida de Arteixo.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión