23 de octubre de 2025
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu en María Pita á asociación Dano Cerebral A Coruña
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu en María Pita ao presidente da asociación Dano Cerebral A Coruña, Juan Luis Delgado. Este domingo 26 de outubro a praza de María Pita acollerá o acto de lectura do manifesto polo Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido, con actividades abertas á cidadanía desde as 10.30 horas.
"O labor das institucións debe ser sempre o de apoiar aqueles proxectos e entidades que traballan en favor dunha maior xustiza social e da igualdade", sinalou a alcaldesa, Inés Rey. Este ano o manifesto polo Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido leva por título '30 anos construíndo dignidade' e conmemora os tres decenios da fundación da Federación Española de Dano Cerebral. O texto tamén insta ás administracións a garantir respostas coordinadas, equitativas e universais fronte ao DCA.
Para conmemorar este día, ademais da lectura do manifesto, a praza de María Pita acollerá de 10.30 a 14.00 horas actividades deportivas e de sensibilización. Haberá unha zona de deporte adaptado, con tenis, esgrima, boccia e vehículos adaptados. Tamén haberá un espazo de astronomía en colaboración coa Agrupación Ío no que se poderá observar o sol. Por último, levarase a cabo a actividade de sensibilización 'Ponte no meu lugar', na que se relatarán diferentes experiencias para coñecer as dificultades que afrontan as persoas con dano cerebral.
Ás 12.00 horas terá lugar a lectura do manifesto, acto no que participará a alcaldesa, Inés Rey. Posteriormente, haberá actuacións musicais das asociacións culturais Donaire e Son d'aquí. Ademais, pola noite iluminarase a fonte de Catro Camiños de azul para conmemorar este día.

13 de mayo de 2026

12 de mayo de 2026

11 de mayo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible