13 de septiembre de 2025
Ata o día 22, a cidade acollerá mostras fotográficas e talleres participativos de educación viaria, medioambiental e tamén de carácter formativo. Tamén haberá concursos e agasallos
O Concello súmase un ano máis á campaña de concienciación, poñendo en valor a aposta da Coruña pola mobilidade sostible e avances como a nova ordenanza aprobada esta mesma semana
A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, convidou á cidadanía a tomar parte nas actividades programadas ao abeiro da Semana Europea da Mobilidade, unha iniciativa a escala continental que conta, un ano máis, coa participación do Concello, en colaboración co Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO).
Entre os días 16 e 22 deste mes, A Coruña sairá á rúa para disfrutar dunha ampla programación para todos os públicos. Baixo o lema #MobilidadeParaTod@s, o Goberno de Inés Rey fomentará a divulgación e a participación en accións orientadas á posta en valor das iniciativas que se están a desenvolver na cidade co obxectivo de adaptar A Coruña á mobilidade do futuro, coas persoas transeúntes, os vehículos ciclables e o transporte público compartido como eixos fundamentais.
O acto inaugural da SEM2025 terá lugar o vindeiro martes 16 ás 13.00 horas, na praza de Pontevedra, que será o centro neurálxico dos obradoiros e as mostras previstas, nas que colaboran a Compañía de Tranvías da Coruña, a asociación STOP Accidentes e tamén profesionais dos servizos municipais da Policía Local, a Concellaría de Medio Ambiente e do Centro Integral de Mobilidade (CiMob).
"Haberá actividades de educación viaria con centros educativos da cidade, tamén de divulgación medioambiental e talleres de formación e orientación sobre a circulación en bicicleta. A isto sumaremos un foro participativo no que explicaremos ao detalle a nova ordenanza de mobilidade sostible, que vimos de aprobar e que proximamente entrará en vigor", lembrou a concelleira. Este foro terá lugar o mércores 17, a partir das 10.40 horas, no salón de actos do IES Eusebio da Guarda.
Outra das xornadas destacadas na SEM2025 que se celebrará na Coruña será o Día Europeo sen Coches, que terá lugar o domingo 21 de setembro con actividades de concienciación en materia de mobilidade e a colaboración da DGT, Stop Accidentes, Mobiliza e Galicia Rollers.
Ademais, o Concello colaborará con asociacións como Mobi-liza, a Agrupación de Montañeros Independientes (AMI) e Galicia Rollers na organización de roteiros didácticos, saídas de marcha nórdica e unha nova edición da Friday Mobility Night.
Tamén haberá sorteos de agasallos entre as persoas usuarias do servizo de transporte urbano entre os días 16 e 22, semana na que A Coruña tamén participará no Reto Europeo de Pasos, unha campaña a nivel europeo na que a cidade compite por ser a urbe que máis camiña, a través dun desafío colectivo coa app Walk15.
A programación completa de actividades xa está dispoñible na web da Semana Europea de la Movilidad 2025 .
DESCARGA AQUÍ a programación completa da SEM 2025 na Coruña (3 MB)

20 de noviembre de 2025

14 de noviembre de 2025

11 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible