Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

12 de julio de 2022

A programación abranguerá unha ampla temática, desde o afundimento do ‘Prestige’ ata a loita contra a violencia machista, e contará coa presenza de figuras como Juan Diego Botto e Blanca Portillo

A programación de outono do Teatro Rosalía de Castro recupera o pulo pre pandemia con doce representacións clásicas e contemporáneas

O primeiro tenente de alcaldesa, Juan Ignacio Borrego, e o director deste espazo cultural de referencia na cidade, Xosé Paulo Rodríguez, presentaron hoxe o Ciclo Principal que se desenvolverá a partir do mes de setembro

A programación do Teatro Rosalía de Castro permitirá reforzar a condición da Coruña como unha das principais capitais culturais, tal como indicou hoxe Juan Ignacio Borrego. O primeiro tenente de alcaldesa presentou hoxe xunto co director do Teatro Rosalía de Castro, Xosé Paulo Rodríguez, as próximas citas dentro do Ciclo Principal de Outono neste espazo cultural de referencia na cidade.

"A oferta teatral incluída dentro deste ciclo principal resulta especialmente atractiva e chega nun momento moi especial, no que seremos quen de achegármonos á cultura sen restricións", subliñou o concelleiro, para engadir que o esforzo realizado polo Teatro Rosalía de Castro reflicte a decidida aposta do Goberno municipal para consolidar A Coruña como capital da cultura. De feito, lembrou que este espazo sempre constituíu unha referencia na programación de artes escénicas e está integrado nos circuítos do máis alto nivel do panorama teatral nacional.

 O Ciclo Principal do Teatro Rosalía de Castro iniciarase os días 23 e 24 coa representación de "Una noche sin luna" e rematará o 29 de decembro con "Curva España", e inclúe un total de doce obras. O prezo das entradas estará entre os 5 e os 25 euros, se ben existen abonos que van desde os 115 e os 51 euros.

O director do teatro Rosalía de Castro. Xosé Paulo Rodríguez, detallou que das doce obras, oito serán de funcións dobres e catro serán simples, destacando ademais a programación especial enmarcada na loita contra a violencia machista coa representación de "La panadera", o vixésimo aniversario do afundimento do Prestige con "N.E.V.E.R.M.O.R.E." e o triséximo quinto aniversario da compañía teatral Chévere, coa peza "Curva España".

O responsable do Rosalía de Castro tamén puxo en valor a variedade da programación, con propostas clásicas e contemporáneas, a existencia de comedia e drama, así como claros posicionamentos sobre a memoria histórica e contra a violencia machista. Unha diversidade na que se inclúen catro obras de compañías galegas, con referentes da escena na nosa comunidade como Miguel de Lira ou Patricia de Lorenzo, e unha gran calidade tanto nas montaxes como no elenco de actores e actrices, con presenza de figuras como Juan Diego Botto ou Blanca Portillo.

Tanto Juan Ignacio Borrego como Xosé Paulo Rodríguez incidiron tamén na necesidade de seguir atraendo a xente nova ao teatro e amosaron a súa satisfacción polo ritmo da renovación de abonados, que se sitúa actualmente en preto de 400, moitos deles nunha franxa de idade menor da habitual. Neste sentido, destacaron que as propostas innovadoras e atractivas, combinadas coa presenza de figuras coñecidas, poden constituír un excelente reclamo para achegar o teatro a novos públicos.

A venda de abonos desenvolverase desde o 18 de xullo ata o 1 de setembro no despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres (agás os festivos do 25 de xullo e 15 de agosto), en horario de 11.00 a 15.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas. Para acceder ás localidades que deixen libres os abonados que non renoven, as persoas interesadas deberán acudir ao despacho de billetes da praza de Ourense o 2 de setembro, mentres que o prazo para novos abonados será o 5 e 6 de setembro e a venda de entradas soltas será a partir do 8 de setembro.    

CALENDARIO DO CICLO PRINCIPAL DO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

  • 23 e 24 de setembro: Una noche sin luna, de Juan Diego Botto
  • 30 de setembro e 1 de outubro: Morte accidental dun anarquista, versión e dirección de Candido Pazó
  • 14 e 15 de outubro: Decadencia, con dirección de Pedro Casablanc
  • 21 e 22 de outubro: The mountain, de Agrupación Señor Serrano
  • 28 de outubro: M.A.R, de Andrea Díaz Reboredo
  • 11 e 12 de novembro: Villa y Marte, de Ron Lalá e Teatros del Canal
  • 18 y 19 de novembro: La panadera, de Sandra Ferrús
  • 26 de novembro: Algún día todo esto será tuyo, de Club Caníbal
  • 2 e 3 de decembro: A lingua das bolboretas, de Manuel Rivas
  • 16 e 17 de decembro: Silencio, de Juan Mayorga, con Blanca Portillo
  • 28 de decembro: N.E.V.E.R.M.O.R.E., da Compañia Chévere
  • 29 de decembro: Curva España, con Miguel de Lira e Patricia de Lorenzo

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión