Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

5 de marzo de 2019

A próxima Xunta de goberno local dará luz verde á licitación do novo contrato de limpeza viaria, que ascende máis de 14,5 millóns anuais e implica maquinaria máis eficiente, así como un mellor reparto de medios nos barrios

O valor estimado total do contrato, que terá unha duración de 8 anos, supera os 127 millóns de euros. Os pregos que rexerán o concurso público se elaboraron cun pioneiro proceso onde todos os actores implicados puideron facer as súas achegas

A Xunta de goberno local dará luz verde na súa próxima reunión ordinaria a apertura do procedemento público mediante o que se adxudicará o novo servizo de limpeza viaria. O orzamento base de licitación do novo contrato ascende a 15.599.072 euros anuais, mentres que o valor total estimado, que terá unha duración de 8 anos, ascende a 127.410.090 euros (IVE excluído). A concelleira de Medio Ambiente, María García, amosou a súa satisfacción polo inicio da licitación dun contrato que suporá "adaptar o servizo de limpeza viaria á realidade da Coruña, cunha mellora significativa na eficiencia da maquinaria, así como un reparto equitativo de medios en todos os barrios". Os pregos que rexerán este proceso foron elaborados a partir dun pioneiro proceso de consulta, mediante o que os principais axentes do sector puideron participar e opinar sobre o desenvolvemento deste servizo básico e no que se recolleron máis de 260 propostas de 15 entidades distintas. A concellería, ademais, realizou entrevistas con asociacións veciñais, empresariais, de hostalería e os grupos municipais, ademais de numerosos encontros cos sindicatos representados no comité de empresa de Ferrovial, que realizaron máis de 60 suxestións ás bases.

As liñas estratéxicas do novo contrato servirán para "mellorar un servizo público que ten incidencia directa no benestar da cidadanía e do espazo público". Así, o novo contrato introduce a limpeza con auga en todas as rúas --un recurso que está limitado no contrato actual--, así como reparte de forma equitativa os medios de limpeza nos barrios. O prego tamén contempla a creación de grupos de traballo específicos para actuacións de limpeza nocturna, a caída das follas ou retirada de gomas de mascar, pintadas e herbas espontáneas. O contrato inclúe tamén medidas de educación, sensibilización e concienciación "para que o coidado do espazo público non sexa só o obxectivo dos servizos de limpeza, senón unha tarefa compartida na que prime a prevención".

As bases para a licitación do servizo estiman un custo de máis de 14,5 millóns de euros, dos que aproximadamente cinco se dedicarán á renovación dunha nova maquinaria máis ecolóxica, máis eficiente e con menos ruído. No apartado de investimentos, a concelleira tamén destaca que a adxudicación comportará o cambio de papeleiras, co que se aproveitará para instalar e unificar modelos, máis fáciles de limpar e de manter e que estean adaptados a zonas de alto valor patrimonial, zonas verdes e espazos infantís. Na liña dos pregos que rexe a licitación do contrato de recollida de lixo, as bases para a limpeza viaria tamén incorporan un control de calidade que estará vinculado ao pago á empresa adxudicataria, un sistema que "permite facer de maneira moito máis matemática e obxectiva" a fiscalización dos traballos. O prego introduce tamén cláusulas laborais para "aplicar políticas de contratación responsable nas empresas", como o mantemento dos postos e as condicións de traballo, e que se completan con cláusulas de xénero "para fomentar a igualdade entre mulleres e homes", ambientais e tamén lingüísticas.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión