Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

6 de junio de 2025

A remodelación dos Cantóns avanza cara á rúa Ambrosio Feijóo, onde o luns arrincarán os traballos de pavimentación previstos

A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, incidiu en que as actuacións non suporán cortes de tráfico. Ademais, delimitarase unha parada provisional de taxis, estacionamentos e PMR e acceso ao párking do Palexco

As obras de remodelación dos Cantóns avanzarán a partir do luns cara á rúa Ambrosio Feijóo, dando continuidade ao calendario de traballos previsto polo Concello, que se distribuíu por fases para minimizar o impacto na contorna e nas incidencias de mobilidade.

Neste sentido, e a medida que continúan as melloras nos espazos públicos entre o Teatro Colón e Entrexardíns, a semana que vén xa serán visibles as actuacións en Ambrosio Feijóo, entre as sedes de Correos, a Autoridade Portuaria e o Palexco, onde se demolerá e renovará o pavimento, tal e como se informou meses atrás.

As obras, que terán unha duración aproximada de seis semanas, non suporán en ningún caso cortes de tráfico para acceder e saír do aparcadoiro do Palexco, xa que se habilitará en todo momento un percorrido específico para vehículos. Nesta fase inicial da obra, desde a rúa Alcalde Manuel Casás.

A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, avanzou hoxe que o dispositivo especial de mobilidade en Ambrosio Feijóo xa está previsto de cara ao luns: habilitarase unha parada de taxis provisional tras a sede da Autoridade Portuaria, un aparcadoiro de motos provisional a carón do acceso ao aparcadoiro do Palexco e, ademais, unha área de estacionamento específica PMR.

Díaz recalcou que, por tratarse dunha superficie de mobilidade compartida, mais con preferencia peonil, "será moi importante prestar atención á sinalización vertical e respectar o paso das persoas viandantes, sendo recomendable nesta fase o acceso e saída desde Celedonio de Uribe, a carón da Dársena", explicou.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión