30 de diciembre de 2024
Os traballos continuarán nas próximas semanas e está previsto que a obra finalice no mes de febreiro
A obra de reurbanización de San Andrés afronta as súas últimas semanas de traballos e hoxe abriuse un novo treito ao tránsito peonil. Tras completar os traballos e abrir ao público a meirande parte do bulevar, entre Torreiro e a praza de Santa Catalina, agora amplíase o percorrido peonil ata a rúa Alameda.
O Goberno de Inés Rey levou a cabo esta apertura peonil de San Andrés nestas datas coa fin de favorecer ao comercio da rúa durante o Nadal. Así o explicou hai uns días a propia alcaldesa, nunha visita aos traballos tras a apertura xunto ao seu equipo de goberno. Ademais, instaláronse luces de Nadal no conxunto da rúa.
Coa apertura do tránsito peonil da rúa entre Torreiro e Alameda, os traballos continuarán nun pequeno treito ata a praza de Pontevedra durante as vindeiras semanas, así como na rúa de Santa Catalina. Só quedan pendentes algúns traballos de xardinaría no tramo.
Está previsto que, pese a que a data de finalización da obra é o 7 de marzo, esta poida adiantarse ao mes de febreiro, dado o bo ritmo xeral da actuación. Será nese mes cando, unha vez finalizada a reurbanización, volva a abrirse a circulación, cun carril en cada sentido, e se restauren os percorridos das liñas de bus que se viron condicionadas polas obras.
O orzamento total desta obra é superior aos tres millóns de euros e o seu obxectivo foi o de recuperar a configuración orixinal de San Andrés no século XVIII como bulevar. Entre as actuacións levadas a cabo está a configuración da rúa nunha plataforma única, a plantación de moreiras de Valdeorras, a ampliación de beirarrúas e a instalación de novo mobiliario.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible