10 de noviembre de 2025
A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, destaca o esforzo do Goberno local na transformación do barrio a través da mellora do espazo público, a mobilidade e a participación cidadá
A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, destaca o esforzo do Goberno local na transformación do barrio a través da mellora do espazo público, a mobilidade e a participación cidadá.
Corpo:A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, participou hoxe na Sagrada Familia no quinto encontro do Grupo Local do proxecto Urbact COPE, un programa europeo no que o barrio coruñés desenvolve, xunto a distritos doutras sete cidades europeas, unha experiencia de participación cidadá nas políticas verdes a través dun enfoque local.
Neira salientou o esforzo que está a facer o Goberno local neste barrio coruñés en plena transformación, grazas á peatonalización e á mellora do espazo público e da mobilidade.
O proxecto Urbact COPE, financiado con fondos europeos, finaliza este ano co deseño dun Plan de Acción consensuado con todas as entidades participantes -entre as que se atopan a Universidade, asociacións veciñais, clubes deportivos e entidades sociais-, así como coa creación dunha marca de barrio que reflicta a nova identidade deste distrito coruñés en proceso de renovación.

26 de enero de 2026

19 de enero de 2026

16 de enero de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible