1 de junio de 2023
O acceso aos espectáculos será de balde, ata completarse a capacidade prevista no patio interior do castelo
A peza Oroimen, de Akira Yoshida, estréase a escala nacional, mentres que as obras de Maximiliano Sanford E Yeinner Chicas, a Cia. Kiko López e Cave Canem se verán por primeira vez en Galicia
Este domingo 4 de xuño, o Castelo de San Antón abrirá as súas portas á sexta edición do festival internacional Quincegotas, unha iniciativa que, desde o ano 2015, achega ao público as mellores propostas de danza contemporánea baixo unha perspectiva moi específica: os espectáculos sempre se levan a cabo a pé de rúa, máis aló dos teatros.
Desde a súa posta en marcha, o festival logrou agrupar algunhas das mellores compañías de danza de Galicia e tamén de fóra da comunidade. Nesta ocasión, o Quincegotas abrangue un total de sete espectáculos de compañías e inspiracións variadas, que terán lugar durante a vindeira xornada dominical en horario de mañá e tarde.
Na primeira quenda, que comezará ás 12.30 horas, as persoas asistentes poderán gozarr das pezas de Akira Yoshida (Oroimen), IXa (Ollos Cara Adentro) e Álvaro Murillo (8km En Mula). Xa pola tarde, e a partir das 19.00 horas, chegará o turno de Maximiliano Sanford E Yeinner Chicas (Vientre), a Cia. Kiko López (Honest), Cave Canem (No son ojos porque los ves, son ojos porque te miran), e Nova Galega Danza (Leira).
No caso de Oroimen, de Akira Yoshida, a súa exhibición na Coruña supón a súa presentación no territorio nacional, mentres que os espectáculos ofrecidos por Maximiliano Sanford E Yeinner Chicas, a Cia. Kiko López e Cave Canem serán estrea en Galicia.
Como en cada edición, o acceso aos espectáculos será de balde ata completarse a capacidade prevista no patio interior do Castelo de San Antón, un escenario único no que se busca amosar que a creatividade, a arte e a expresividade teñen cabida en espazos ao aire libre, lonxe das táboas.

15 de noviembre de 2025

31 de octubre de 2025

9 de octubre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible