Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

17 de septiembre de 2026

A recadación investirase en seguridade, limpeza, iluminación, espazos verdes e promoción turística da cidade

A taxa turística municipal supera o millón de euros de recadación no primeiro semestre e confirma a súa compatibilidade co crecemento do turismo na cidade

José Manuel Lage: “A Coruña está en disposición de alcanzar os 2,5 millóns de euros previstos para o conxunto de 2026”

O primeiro tenente de alcaldesa e concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, presentou hoxe os datos provisionais de recadación da taxa turística municipal correspondentes ao primeiro semestre de 2026, destacando que a medida impulsada polo Goberno de Inés Rey permitiu superar xa o millón de euros de ingresos sen que isto tivese ningún impacto negativo sobre a chegada de visitantes á cidade.

Segundo explicou Lage, a recadación provisional acadou os 1.044.839,62 euros entre os meses de xaneiro e xuño. Desta contía, 750.380,54 euros proceden dos establecementos hoteleiros, 79.831,58 euros das vivendas e apartamentos turísticos e 214.627,50 euros dos cruceiros. "Os datos demostran que a taxa turística funciona, permite que o éxito turístico reverta tamén na mellora dos servizos públicos da cidade e confirma que é perfectamente compatible cun sector turístico dinámico e en crecemento", sinalou o concelleiro. A recadación no primeiro semestre, especificou o concelleiro, foi superior á estimada, pois o Concello contaba con 950.000 euros en ingresos e finalmente foron case 100.000 máis.

Lage incidiu en que os temores expresados por algúns antes da implantación da medida víronse refutados polos datos: "Dicían que a taxa podía afastar visitantes ou reducir a competitividade da Coruña. A realidade é exactamente a contraria. O turismo segue a medrar e a cidade continúa consolidándose como un dos grandes destinos urbanos de España", afirmou.

Neste sentido, lembrou que os datos do balance turístico do verán amosan que a cidade rexistrou 105.932 viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros durante os meses de xuño e xullo, o que supón un incremento do 2,63 % respecto ao mesmo período de 2025.

O edil destacou ademais que os datos oficiais publicados polo Instituto Nacional de Estatística mostran tamén unha evolución positiva da actividade turística. "Estamos diante dun contexto de crecemento da demanda e iso confirma que a taxa turística non condiciona a elección da Coruña como destino. O que realmente atrae aos visitantes é a calidade da cidade, da súa oferta cultural, dos seus servizos públicos e da experiencia que ofrecemos", explicou.

Distribución da recadación

José Manuel Lage lembrou que os fondos obtidos a través da recarga turística teñen un destino establecido polo Goberno municipal. O 80 % da recadación dedicarase a programas de limpeza, iluminación, seguridade e zonas verdes, mentres que o 20 % restante financiará accións de promoción turística da cidade. "Falamos de investimentos dos que se benefician tanto os visitantes como os coruñeses e coruñesas. Queremos unha cidade atractiva para quen nos visita, pero sobre todo unha cidade cada vez mellor para quen vive nela", afirmou.

O responsable municipal destacou tamén o impacto que terá a regularización das Vivendas de Uso Turístico impulsada polo Concello. Segundo explicou, a incorporación destas actividades ao sistema permitirá ampliar a base de contribución e incrementar a recadación asociada a este segmento do mercado turístico. "Estamos a construír un modelo máis xusto, máis transparente e máis equilibrado, no que todos os operadores turísticos contribúan en igualdade de condicións ao mantemento dos servizos da cidade", indicou.

Por último, Lage asegurou que a evolución da recadación durante estes primeiros meses e os excelentes datos turísticos do verán permiten afrontar con optimismo o último tramo do ano, xa que nos ingresos da taxa aínda non se reflicten os datos da tempada alta. "Hoxe podemos dicir que estamos en disposición de alcanzar os 2,5 millóns de euros de recadación previstos para 2026, cumprindo así os obxectivos marcados polo Goberno de Inés Rey cando impulsou esta medida pioneira en Galicia", concluíu.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión