18 de diciembre de 2023
O prezo das entradas oscila entre os 32 e os 26 euros, con descontos do 20% para persoas con Carné Xove, familias numerosas, maiores de 65 ou en situación de desemprego
A Coruña será a única parada en Galicia no marco da súa xira europea, e unha das únicas tres en España xunto con Madrid e Barcelona
O Concello puxo á venda as entradas para o concerto da banda de rock Swans, que actuará este próximo mes de febreiro no Teatro Colón. O recinto suma así unha nova cita internacional á súa programación e avanza no obxectivo do Goberno de Inés Rey de consolidar A Coruña como cidade de referencia na programación de grandes xiras.
A banda Swans, de orixe estadounidense, formouna no 1982 o cantante, compositor e multinstrumentista Michael Gira. Nace no marco do movemento 'No wave' de Nova York e constitúe unha das únicas representacións do dito movemento en activo. Logo da publicación do seu último disco 'The Beggar' (2023), Swans arrinca unha xira europea na que A Coruña será a única parada en Galicia. Ademais, a cidade herculina será tamén unha das únicas tres oportunidades de velos en España na que se suma o Colón ás salas en Madrid e Barcelona.
O concerto terá lugar o 19 de febreiro e as entradas xa se poden mercar na web oficial do grupo, en ataquilla.gal ou no despacho de billetes da praza de Ourense de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h. O prezo das entradas oscila entre os 32 e os 26 euros, con descontos do 20% para persoas con Carné Xove, familias numerosas, maiores de 65 ou en situación de desemprego.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible