14 de diciembre de 2023
As entradas para esta obra teatral saen hoxe á venda
O Teatro Colón acollerá o venres 19 de xaneiro, ás 21.00 horas, o espectáculo teatral 'Códice K', unha comedia que narra a historia extraoficial do roubo do Códice Calixtino da Catedral de Santiago. O Concello da Coruña, a través da súa Área de Fomento e Promoción da Cidade, organiza este pase da obra producida por Ainé logo do éxito da súa primeira función na cidade, o pasado 8 de setembro.
As entradas saen á venda este xoves ás 11.00 horas a través de Ataquilla e nos despachos de billetes do Teatro Colón e da praza de Ourense. 'Códice K' conta a historia das mulleres vencelladas cos feitos reais. O espectáculo conta coa dramaturxia de Manuel Cortés e a dirección de Tito Asorey, co asesoramento artístico de Noemi Rodríguez. Sobre o escenario, Lucía Veiga, Marita Martínez, Graciela Carlos e Patricia Castrillón métense na pel das múltiples personaxes femininas para descubrirlle ao público unha historia con diferentes puntos de vista.
As catro actrices estarán acompañadas en escena pola dj e produtora Russ, quen se encargará da música e ambientación en directo. Ademais, as actrices tamén participaron na creación deste espectáculo, pois os textos configuráronse logo duns procesos previos de ensaios e improvisacións.
O Goberno de Inés Rey continúa a confeccionar a programación cultural da cidade para o ano 2024. A promoción da Coruña como gran potencia do noroeste en materia cultural é un dos eixes do actual Executivo municipal, que aposta por eventos para todo tipo de públicos nos diferentes espazos municipais.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible