Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de abril de 2025

A xornada Estudios Abertos celebrarase o 10 de maio coa participación de 39 artistas da cidade

Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo, puxo en valor o traballo dos creadores, que abrirán os seus talleres á cidadanía, con múltiples actividades

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presentou esta mañá unha nova edición da xornada de portas abertas Estudios Abertos, que se celebrará o sábado 10 de maio coa participación dun total de 39 talleres artísticos da cidade, catro máis que a edición anterior. O edil estivo acompañado por Noemí Penela e Laureano Vidal, que tomaron a palabra como artistas que participan este ano nesta iniciativa municipal.

"Desde o Goberno de Inés Rey buscamos dinamizar as artes plásticas da cidade e poñer en valor aos nosos creadores e creadoras con esta iniciativa, que permitirá á cidadanía coñecer e visitar numerosos espazos creativos dos barrios", apuntou Gonzalo Castro. A xornada terá lugar o sábado 10 de maio, en horario de 11.00 a 21.00 horas. Participarán profesionais das diferentes artísticas: escultura, pintura, fotografía, ilustración, debuxo, cerámica ou multidisciplinar. O acceso para a cidadanía é gratuíto e os estudios contarán con programación propia durante toda a xornada, que incluirá a participación de artistas convidados e outras sorpresas. "Os diferentes espazos nos que terá lugar esta xornada estarán espallados pola cidade, permitíndolle aos asistentes facer unha ruta percorrendo a cidade e seleccionar aqueles que máis lle interesen", indicou Castro.

O obxectivo desta xornada é coñecer de primeira man os artistas coruñeses, os seus centros de traballo e creación e os seus procesos creativos. Son todos eles e elas profesionais radicados na cidade e que desenvolven o seu traballo nela. "Estudios Abertos é a oportunidade perfecta para coñecer a artistas de diferentes disciplinas e o seu traballo", sinalou o concelleiro.

O detalle de todas as actividades paralelas desta edición irase dando a coñecer nas redes sociais de Estudios Abertos e na páxina web www.coruna.gal/estudiosabertos. Entre as xa confirmadas, haberá música, pintura ou escultura. Á presentación, celebrada no Palacio Municipal de María Pita, tamén asistiron Pedro Bueno, Gosia Trebacz, Anna Franke, Noemí Penela, Luis Mazorra, Luis Rapela, Carlota Bueno, Bego Tojo, Luisa Valdés, Julia Ares, Mónica Coto, Pilar Fandiño, Laureno Vidal, Giovanni Ramírez, Sofía Cabrera e Xermán Rodríguez. Estudios Abertos conta coa colaboración de Gadis, que estivo representada hoxe por Lucía Santos, coordinadora de Responsabilidade Social Corporativa.

Documentos:

Plano de situación de Estudios Abertos 2025 (2 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión