30 de diciembre de 2019
A reunión extraordinaria e urxente que tivo lugar esta mañá tamén aprobou, en materia de Benestar Social, a tramitación anticipada do programa Talón restaurante municipal e as axudas para o transporte en taxi de persoas con discapacidade
A Xunta de Goberno Local extraordinaria e urxente levada a cabo esta mañá no pazo municipal aprobou a ratificación de varias operacións Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado (EDUSI) financiadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) cun coeficiente de cofinanciamento do FEDER do 80% e propostas pola Concellería de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade. Unha das operacións aprobada dentro das medidas encamiñadas a transformar a área urbana da cidade nun espazo de maior calidade urbana é a instalación dunha marquesiña piloto con zona de descanso, protección contra a auga, cobertura wifi e cargadores para móbiles, entre outras características. Trataríase dun novo modelo de marquesiña multifuncional de espera dotada de sistemas de eficiencia enerxética e que lles proporcionaría información e servizos útiles ás persoas usuarias, principalmente nos nodos de maior fluxo de autobuses, con paneis de información sobre o tempo de espera, autobuses dispoñibles e rutas que se van executar. Destinaranse 240.000 euros.
Dentro do proxecto EidusCoruña, destinaranse 240.000 euros a ampliar o número de camiños escolares. A intención do Goberno local é combinar estes camiños con rutas seguras para persoas maiores e transformalos en "camiños interxeracionais", co fin de mellorar a accesibilidade para nenas/os, maiores e persoas con mobilidade reducida. As obras inclúen a renovación de pavimentos, ampliación de zonas peonís, mellora de accesibilidade e sinalización dos itinerarios escolares seguros.
Tamén, a través dos fondos FEDER, se ampliarán os carrís bici. O obxectivo do executivo municipal é incrementar o espazo público destinado a peóns e ciclistas e mellorar a rede ciclable actual, acondicionando as vías existentes para mellorar a súa seguridade, co fin de cumprir os obxectivos xerais dos Plans de Mobilidade Urbana Sustentable (PMUS). A Área de Mobilidade destinará 447.000 euros a esta actuación.
Dentro das medidas encamiñadas a transformar a área urbana da cidade nun espazo de maior calidade urbana, o Concello ten previsto instalar unha marquesiña piloto con zona de descanso, protección contra a auga, cobertura wifi e cargadores de móbiles. Trataríase dun novo modelo de marquesiña multifuncional de espera dotada de sistemas de eficiencia enerxética e que lles proporcionaría información e servizos útiles ás persoas usuarias, principalmente nos nodos de maior fluxo de autobuses, con paneis de información sobre o tempo de espera, autobuses dispoñibles e rutas que se van executar. Destinaranse 240.000 euros.
A Xunta de Goberno Local tamén ratificou no marco da EDUSI, cun investimento de 1.661.350 euros, o proxecto de subministración e instalación de lectores nas estacións de bicicletas. EidusCoruña achega 1.089.000 cofinanciados ao 80% polos fondos FEDER. A cantidade restante (572.350 euros) corresponde a unha partida municipal dos orzamentos participativos. A idea é incrementar o número de bicicletas eléctricas, postos de ancoraxe con base de carga distribuídos en distintas estacións e sistemas TIC de lectores necesarios para o servizo público de préstamo de bicicletas BiciCoruña. Por outra banda, anuláronse as operacións EDUSI da cidade que non foron aceptadas polo Organismo Intermedio de Xestión.
Canto á mobilidade, acordouse que as tarifas do autobús urbano non se revisarán e, por tanto, manteranse os prezos actuais. Esta demora na revisión das tarifas atrasarase en tanto non recaia un pronunciamento xudicial expreso para evitar o prexuízo económico que lle suporía ao Concello un pronunciamento xudicial desfavorable que obrigase a lle reintegrar o importe ao contratista, ademais das cantidades detraídas na facturación mensual, os xuros de demora.
No relativo á Concellería de Benestar Social, aprobouse a tramitación anticipada do programa Talón restaurante municipal e as axudas para o transporte en taxi de persoas con discapacidade. Ademais, tamén se adxudicou, en materia de contratación, o lote "Igualdade de trato, non discriminación e loita contra a exclusión social" a favor de Sararte S.L., en relación co contrato por lotes do servizo de itinerarios formativos do Servizo Municipal de Emprego.
Por outra banda, no relacionado coas áreas de Infraestruturas e Equipamentos, a Xunta de Goberno Local ratificou a resolución relativa á non división en lotes do investimento incluído no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal "POS+20".
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible