Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

31 de mayo de 2026

Abdelaziz Fatihi e Noa Mirantes leváronse a vitoria na XIII edición da carreira popular dos Rosales, que congregou a 1.300 participantes

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou na entrega de premios aos vencedores da proba, que marca o parón estival de Coruña Corre. O circuíto volverá en setembro coa Volta a Oza

Abdelaziz Fatihi e Noa Mirantes gañaron hoxe a XIII edición da carreira popular dos Rosales, cuarta cita desta tempada do circuíto Coruña Corre, que este domingo contou coa participación de máis de 1.300 persoas nunha nova mañá de deporte, disfrute colectivo e ilusión nos barrios da cidade.

Con case seis quilómetros de percorrido, un trazado que combinou asfalto e adoquín e un notable desnivel en altura no seu treito final, a carreira dos Rosales puxo a proba a capacidade e temple das persoas inscritas á hora de xestionar os seus esforzos e enerxía ata a chegada a meta, a carón do pavillón polideportivo municipal.

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou na entrega de premios aos vencedores da proba absoluta. Ademais de Fatihi e Mirantes, primeiros nas categorías masculina e feminina cuns tempos de 20:05 e 23:44, ao podio tamén se auparon Jorge Sieira, Vanesa Hervada, Alejandro Serrano e Inés Papín, segundos e terceiros clasificados, respectivamente.

Tal e como expuxo o edil, "este tipo de carreiras non só contribúen a visibilizar o impacto positivo das actividades saudables entre persoas de todas as idades, senón tamén a dar máis vida aos barrios da Coruña, reforzando o seu espíritu, identidade e o sentimento de pertenza da cidadanía". Neste sentido, a carreira complementou a ampla axenda cultural e de ocio programada esta fin de semana nos Rosales, co gallo das festas do barrio.

O circuíto Coruña Corre volverá no mes de setembro

A carreira deste domingo tamén marca o punto e seguido do circuíto Coruña Corre, que fará a súa parada habitual na tempada estival e volverá con forza no mes de setembro, xa coa segunda parte da tempada.

A cita máis próxima no calendario será a da Volta a Oza (13 de setembro) e, xa posteriormente, terán lugar as carreiras populares do Ventorrillo (25 de outubro) e Novo Mesoiro (22 de novembro).

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión