Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

7 de octubre de 2025

Aberto o prazo de inscrición para unha nova edición de A Coruña das Letras, con andainas guiadas por Xurxo Souto

As novas rutas deste outono percorrerá tres barrios da cidade coas letras como protagonistas

Este luns 6 de outubro abriu o prazo de inscrición para unha nova edición de A Coruña das Letras, unha actividade organizada polo Concello da Coruña dentro do programa de fomento da lingua galega entre a cidadanía. "Desde o Goberno de Inés Rey buscamos facer actividades didácticas e divulgativas que permitan aos coruñeses e coruñesas coñecer máis sobre a nosa cidade e os seus barrios", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

Co fin de afondar na lingua, na cultura e na literatura galegas na cidade, realizaranse unhas andainas guiadas pola Coruña máis invisible da man do coñecido músico e escritor Xurxo Souto. As persoas participantes aprenderán máis da toponimia tradicional da cidade, da literatura que habitou nos diferentes barrios que se visitarán e tamén da importancia da lingua nos seus diferentes contextos. 

As tres actividades desenvolveranse os sábados 11 e 25 de outubro e o 8 de novembro, ás 11.30 horas. As inscricións para cada sesión abriranse o luns previo a través de inscricionslingua@coruna.gal, facilitando o nome completo e un teléfono de contacto Haberá un total de 55 prazas por actividade, que están dirixidas a maiores de 16 anos.

A primeira das andainas levará por título 'Visma, o outro mar da Coruña'. A segunda titúlase 'Polo Campo do Carballo e o Camiño Novo'. A última sesión titularase 'AS mulleres do muro (peixeiras, redeiras e mariscadoras)'. O punto de encontro de cada actividade facilitarase no correo electrónico de confirmación da inscrición.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión