Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

17 de abril de 2023

O prazo para solicitar as bolsas Acoreuropa XI estará aberto ata o vindeiro luns 8 de maio. As prácticas formativas, que teñen unha duración de 90 días, levaranse a cabo entre os meses de setembro e decembro de 2023

Aberto o prazo de solicitude das bolsas Acoreuropa XI, que ofertan 11 estadías en Europa para titulados en Formación Profesional

Nesta edición, o abano de destinos inclúe países como Austria, Italia, Malta, Portugal e a República Checa

Este luns abriuse o prazo para solicitar as bolsas Acoreuropa XI, un programa educativo que, a través de prácticas formativas en empresas, promove a aprendizaxe e a formación profesional de mozas e mozos en países do continente europeo, así como o coñecemento de outros idiomas e culturas. 

O programa Acoreuropa XI está dirixido a persoas tituladas en FP de grado superior que acadaron o seu título en decembro de 2022 ou que o farán en xuño de 2023, incluída a FCT (formación en centros de traballo), e que realizasen os seus estudos nos dez centros docentes públicos que participan como socios nesta edición do programa: CIFP Anxel Casal, CIFP Escola de Imaxe e Son, CIFP Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES A Sardiñeira, IES Eusebio da Guarda, IES Fernando Wirtz, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Rosalía Mera e IES Urbano Lugrís.

A este respecto, non poderán participar as persoas tituladas en FP na modalidade dual, ao tratarse dunha vía formativa a través da cal xa se realizan prácticas de traballo en empresas remuneradas.

A duración das prácticas formativas serán de 90 días, e o calendario para realizalas será de setembro de decembro deste ano 2023. Excepcionalmente, no caso de posibles modificacións do calendario por causas sobrevindas ou a incorporación de novas persoas seleccionadas para cubrir posibles baixas, tamén de febreiro a maio de 2024.

Os destinos dos bolseiros: cinco países, de Austria á República Checa

Nesta convocatoria, xa aberta, ofértanse un total de 11 bolsas Acoreuropa XI a cinco países pertencentes á Unión Europea, cos seguintes destinos:

  • Austria (Viena): 3 bolsas en inglés ou alemán.
  • Italia (Padua): 2 bolsas en italiano.
  • Malta (Gzira): 2 bolsas en inglés.
  • Portugal (Lisboa): 2 bolsas en portugués.
  • República Checa (Praga): 2 bolsas en inglés.

Con todo, os destinos e a súa distribución poderían variar en función da competencia lingüística das persoas seleccionadas e da existencia de empresas acaídas para o seu perfil profesional e académico nos lugares solicitados.

Neste sentido, coas bolsas Acoreuropa XI inclúen gastos como as viaxes de ida e volta entre A Coruña e o país de destino, o aloxamento e un seguro de atención sanitaria e responsabilidade civil. Ademais, as persoas participantes recibirán, por parte do Concello, unha axuda económica de 1.500 euros, destinada a financiar os gastos de manutención no país de destino.

As bolsas poden solicitarse ata o vindeiro día 8 de maio

O prazo para solicitar as bolsas Acoreuropa XI estará aberto ata o vindeiro luns 8 de maio. A documentación necesaria para formalizar a solicitude terá que presentase por rexistro -presencialmente, con cita previa- ou por rexistro electrónico.

A información completa pode consultarse nas bases xa publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e tamén a través da páxina web da  Convocatoria de programa becas Acoreuropa XI .

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión