14 de febrero de 2026
O Concello colabora coa asociación de Amigos do IES de Monelos na organización da nova edición do certame, que o ano pasado contou coa participación de máis de 130 estudantes de toda Galicia
O Concello colabora coa Asociación de Amigos do IES de Monelos na organización do Concurso de Fotografía Xurxo Lobato, que este ano chega á súa XXI edición e vai dirixido, novamente, ao alumnado de secundaria, bacharelato e formación profesional, así como ao das escolas de arte de toda Galicia, cun límite de idade para presentarse de 21 anos.
O prazo para presentar os traballos -de temática libre- estará aberto ata o vindeiro 31 de marzo e cada persoa participante poderá concorrer ao concurso con ata tres fotografías. Entregaranse 3 premios: de 250, 150 e 100 euros, xunto cos diplomas correspondentes. As imaxes poderán remitirse por correo electrónico ao mail amigos.monelos@gmail.com
As persoas gañadoras do certame deste ano serán determinadas por un xurado que estará integrado por dous representantes da Asociación de Amigos do IES de Monelos e tres persoas expertas en Arte e Fotografía.
As bases do concurso xa se poden consultar na páxina web do Concello.
A alcaldesa, Inés Rey, puxo en valor os obxectivos deste proxecto e tamén a súa continuidade no tempo. Desde hai dúas décadas, o Concurso de Fotografía Xurxo Lobato contribúe a impulsar o talento creativo das novas xeracións e promociona moi especificamente a fotografía, "apostando por implicar á mocidade para que achegue a súa visión do mundo cunha perspectiva crítica e fiel á realidade que nos rodea".

27 de enero de 2026

19 de enero de 2026

17 de enero de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible