15 de septiembre de 2025
A iniciativa ‘Chorus’ é a gran novidade, que culminará cunha actuación coral masiva no Coliseum
O Concello da Coruña abre este martes 16 de setembro o prazo para inscribirse nos programas educativos municipais incluídos na nova edición do plan Coruña Educa 2025/2026. O período para formalizar altas permanecerá aberto ata o vindeiro 16 de outubro.
Este plan engloba unha ampla oferta educativa destinada ao alumnado dos centros educativos da cidade, con actividades formativas, dentro e fóra das aulas, en materia cultural, científica, social, lingüística, ambiental e de lecer. En total, haberá trece itinerarios que inclúen moi diversas propostas para o alumnado das escolas infantís municipais, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e educación especial.
Ademais das tradicionais visitas e itinerarios, concertos da OSG ou teatro para escolares, entre os programas culturais deste novo curso a novidade máis destacada é o programa 'Chorus', que se centra na aprendizaxe de técnicas de canto coral, que axudan a desenvolver os coñecementos musicais, a capacidade de escoita, o traballo en equipo, a comunicación e a integración; e que culminará ca celebración dun concerto no Coliseum, xunto coas voces dos Nenos Cantores e o Coro Novo da OSG, os MiniGaos, o Coro Gaos Xove e Coro Gaos, acompañados da Orquestra Sinfónica de Galicia.
Tamén haberá novos talleres nos centros sobre consumo responsable asociados á electrónica, a moda, a cosmética e os produtos de hixiene persoal; e de respecto medioambiental, con énfase na xestión doméstica sostible de enerxía, auga e residuos, así como sobre os ecosistemas mariños e litorais. Ademais dunha nova proposta fóra dos centros coa 'Visita ou teu mercado', ca posibilidade de visitar tres Mercados Municipais (Praza de Lugo, San Agustín e Elviña) para coñecer o seu funcionamento e poñelos en valor.
Tamén terán continuidade programas que se realizaron experimentalmente nos dous últimos cursos: 'Espías non tempo', 'Cinema na escola', 'Gargallada. Novas xeracións na comedia' , 'Vai a Banda', 'Día internacional do xogo' e 'Do mar á clase e dá clase ao mar'.
Os centros educativos interesados poderán formalizar a súa participación pola web educativa do Concello www.coruna.gal/educacion. Na maior parte dos programas a inscrición realízase a través da ficha específica en liña do servizo de Educación. Nalgúns casos haberá que cubrir unha ficha que facilita a entidade que desenvolve o programa, o enlace está especificado no cadro anexo e na información de cada programa.
Documentos relacionados
También te puede interesar

27 de noviembre de 2025

27 de noviembre de 2025

27 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible