Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

12 de noviembre de 2020

Acampa aborda en Méndez Núñez o espolio e o dereito ao refuxio a través de fotografías

O cuarto encontro internacional, que conta co apoio e colaboración do Concello, busca remover conciencias e fomentar a participación cidadá a través de imaxes sobre distintos conflitos mundiais e un encontro en liña

A Coruña acolle desde hoxe a cuarta edición do Encontro Internacional "Acampa pola paz e o dereito a refuxio", unha iniciativa da rede de organizacións sociais que terá lugar nos Xardíns de Méndez Núñez até o 14 de decembro co apoio e colaboración do Concello. Na cita poderase desfrutar dunha exposición fotográfica titulada "Dereito a refuxio por espolio", coa que tratan de remover conciencias na defensa dos dereitos humanos e o dereito a refuxio e buscar a participación cidadá. Deste xeito, Víctor Moriyama amosa a deforestación amazónica; Guilherme Cavalli, Clara Belchior, Tiago Miotto e Christian Braga ofrecen imaxes sobre a loita indíxena; e Pablo Ernesto Piovano presenta o que supoñen os agrotóxicos para a especie humana en paneis nos que Judith Prat presenta o negocio mineral en "Coltán" e Luis de Vega retrata "Os dous lados de muro".

Por último, Akintude Akinleye inmortaliza as refinerías de Delta Bush; Javier Corso achega Colombia en "Terra verde"; e as coruñesas Vanessa Casteleiro e Sandra García contan con instantáneas o conflito de Alcoa. Por outra parte, haberá un encontro en liña o vindeiro día 26, ás 19.30 horas, en que Xurxo Souto entrevistará a persoas expertas na materia, que incidirán sobre ese dereito ao refuxio.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión