14 de abril de 2021
O Concello da Coruña ven celebrando desde hai décadas a II República, organizando exposicións, editando libros, apoiando actos cívicos ou recuperando para o patrimonio municipal o espoliado á familia Casares
Na xornada daquel día 14 en que, nunha praza de María Pita ateigada, foi proclamada a República desde o balcón do Concello; naqueles momentos A Coruña foi, outra vez, un facho do avance da liberdade, como o fora en 1589, en 1812, en 1820, tantas veces. O sucedido desde esas xornadas que contemplamos agora conxeladas nas imaxes xa é historia; coñecemos a frustración das arelas de liberdade, a guerra, a represión e a longa noite de pedra do franquismo. A nosa historia como cidade aprendeunos tamén a fraxilidade das conquistas, a necesidade de coidalas.Por iso o Concello da Coruña ven celebrando desde hai décadas a II República, organizando exposicións, editando libros, apoiando actos cívicos ou recuperando para o patrimonio municipal o espoliado á familia Casares, entre as moreas de accións desenvolvidas por sucesivos gobernos municipais. Hoxe, 90 anos despois da proclamación da II República, volvemos a nosa ollada a eses rostros de esperanza, esas caras de trunfo alegre, de desexos de cambio, sabendo que son tantas as razóns para recuperar a memoria e poñela en valor como os motivos para seguir adiante nunha cidade que progresa en valores de liberdade, igualdade e xustiza, hoxe constitucionalmente consagrados e socialmente compartidos, pero sempre necesitados de recordo, reforzo e protección. Niso consistiu sempre facer memoria democrática: recuperar, restaurar, valorar e así contribuír a garantir o futuro da liberdade. Gocemos da memoria, gañemos o futuro.
-14 de abril mércores (día da República) Casa Museo Casares Quiroga
11:30 Inauguración da exposición filatélica e presentación dun selo conmemorativo19:30 Acto da conmemoriación do "90 Aniversario da Proclamación da 2ª República". Presentación do álbum de postais e pin conmemorativo.
-17 de abril sábado Centro Ágora
19:30-21:00 Recital poético-musical "A República da Memoria" a cargo de Juan Carlos Mestre e Cuco Pérez, e charla do xornalista, escritor e presidente da ARMH (Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica) Emilio Silva.
-29 de abril xoves Casa Museo Casares Quiroga
11:30 Presentación do libro " Vermellos e Laicos. A represión fascista do maxisterio coruñés" de Narciso de Gabriel, editorial Galaxia.
-13 de maio xoves Casa Museo Casares Quiroga
19:30 Presentación do libro "A Voz de Santiago Casares Quiroga. Documentos para a súa autobiografía (1884-1931)" de Xosé Alfeirán e Ana Romero do "Instituto de Estudios Coruñeses José Cornide".
Documentos relacionados
19 de abril de 2024
17 de abril de 2024
17 de abril de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible