Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

23 de septiembre de 2022

Adxudicadas as 2.181 novas prazas ofertadas nas Escolas Deportivas Municipais de cara ao curso 2022-23

O Concello da Coruña emitiu este venres a listaxe definitiva, así como a listaxe de agarda dos solicitantes interesados en obter unha praza cando non se matricule algunha das persoas que a obtiveron en primeira instancia

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Deportes, publicou hoxe a listaxe definitiva de adxudicación para as 2.181 novas prazas ofertadas nas Escolas Deportivas Municipais (EDM) de cara a este curso 2022-23, das que 580 son para escolas de nova creación.

Neste sentido, e co obxectivo de ampliar a oferta deportiva para todos os públicos, o Goberno municipal promoveu a inclusión de 15 novas actividades que estarán repartidas entre as diversas instalacións que acollen as Escolas Deportivas Municipais (Cidade Deportiva de Riazor, Cidade Deportiva da Torre - Arsenio Iglesias, os pavillóns polideportivos de San Francisco Xabier, Barrio das Flores, Sagrada Familia, Novo Mesoiro e Os Rosales, Club do Mar de San Amaro, Complexo Deportivo Municipal San Diego e Casino da Zapateira). Entre elas, tenis de mesa e bádminton no Club do Mar de San Amaro, tiro con arco e natación artística no Casino, ou tríatlon, waterpolo e bujutsu en Riazor.

Todas as actividades incluídas no programa das EDM organízanse en cinco grupos de idade, desde os seis anos e ata máis de sesenta (6-8; 9-11; 12-17; máis de 18 e máis de 60), "co que se reforza a aposta do Goberno de Inés Rey por promover os hábitos saudables en todas as franxas de idade", sinalou a concelleira de Deportes, Mónica Martínez. Hai, en todo caso, actividades orientadas a un público máis específico, como as de flexibilidade, que se impartirán na Cidade Deportiva de Riazor para persoas de máis de 60 anos.

Segundo as solicitudes recibidas destaca o interese polas actividades deportivas en medio acuático. Tras o peche da preinscrición, rexistráronse 393 solicitudes para obter praza no curso de natación de iniciación que se levará a cabo na Piscina Municipal de Riazor, así como 267 para natación +18, tamén en Riazor. Ademais, rexistráronse 264 solicitudes para as clases de pádel +18 que se levarán a cabo na Cidade Deportiva da Torre - Arsenio Iglesias dous días á semana (luns e mércores, de 10.00 a 11.00 h), toda vez que comece o novo curso das Escolas Deportivas Municipais, o día 3 de outubro.

Ademais, entre as escolas deportivas de nova creación figuran cinco actividades adaptadas a persoas en situación de discapacidade (tenis en cadeira de rodas, baloncesto en cadeira de rodas, tenis de mesa, natación e bádminton), reafirmando o compromiso do Goberno de Inés Rey co deporte inclusivo na cidade.

O prazo de matriculación abre este luns, 26 de setembro

Para que a matrícula sexa efectiva, o alumnado deberá cubrir o formulario de matrícula e pagar a taxa correspondente. O prazo de matriculación abrirase este luns, 26 de setembro e, no caso das Escolas Deportivas Municipais xestionadas directamente polo Concello, a formalización de pagamento da taxa (en efectivo ou con tarxeta) ata o día 30 de setembro, acudindo ao Pazo dos Deportes de Riazor, a Cidade Deportiva da Torre - Arsenio Iglesias ou ao pavillón polideportivo do Barrio das Flores. Ademais, é imprescindible concertar unha cita por cada matrícula que se queira tramitar. Os horarios de apertura das instalacións, así como a documentación requirida, poden consultarse na ficha específica sobre as  Nuevas matrículas Escuelas Deportivas Municipales 2022-23 .

No caso das Escolas Deportivas Municipais que se imparten nos complexos deportivos de San Diego e de San Amaro, o pagamento deberá levarse a cabo, nas mesmas datas, nas súas instalacións e no horario de apertura que teñan establecido, en efectivo ou con tarxeta. En todo caso, é imprescindible aboar a taxa antes de acudir á actividade.

As listaxes de agarda

Ademais da listaxe definitiva de adxudicación para as novas prazas das Escolas Deportivas Municipais 2022-23, o Concello da Coruña tamén emitiu hoxe a listaxe de agarda en caso de hipotéticos movementos e cancelacións na listaxe definitiva.

As e os solicitantes que se atopen na listaxe de agarda poderán obter unha praza cando non se matricule algunha das persoas que a obtiveron en primeira instancia. Realizaranse dous movementos da listaxe de agarda que se publicarán na páxina web  Deportes Coruña e nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas: 

  • 1º movemento da listaxe de agarda: 
    • Publicación das persoas da listaxe de agarda que obtiveron praza despois do primeiro movemento da listaxe: 4 de outubro, a partir das 14.00 horas.
    • Formalización da matrícula das persoas que se atopen nesta situación realizarase: do 5 ao 14 de outubro, presentando a documentación correspondente.
  • 2º movemento da listaxe de agarda:
    • Publicación das persoas da listaxe de agarda que obtiveron praza despois do segundo movemento da lista: 14 de outubro, a partir das 14.00 horas.
    • Formalización da matrícula das persoas que se atopen nesta situación: do 17 ao 21 de outubro, presentando a documentación correspondente.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión