16 de julio de 2025
O Concello celebra a segunda edición dun galardón que honra a figura de Tomás Fábregas como símbolo da loita pola dignidade das persoas
Inés Rey: “Fronte ao odio disfrazado de opinión, esta cidade non retrocede. A Coruña responde con memoria, coidado e xustiza”
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde a entrega do II Premio Tomás Fábregas, nun acto institucional no que se recoñeceu o traballo da entidade ALAS A Coruña, referente do activismo LGTBI na cidade e símbolo da defensa dos dereitos humanos, a igualdade e a xustiza social.
Rey puxo en valor o compromiso de ALAS e alertou dos riscos que supón o avance da ultradereita para os dereitos fundamentais: "Fronte ao odio disfrazado de opinión ou de falsa neutralidade, nesta cidade non imos retroceder", afirmou a rexedora. A alcaldesa lembrou tamén a figura de Tomás Fábregas, activista coruñés que en 1992 desafiou a prohibición de entrada nos Estados Unidos ás persoas con VIH, converténdose nun símbolo internacional da loita contra o estigma: "Este premio non é só un recoñecemento. É un recordatorio de que os dereitos se defenden cada día. A dignidade humana non é negociable", sinalou Rey.
A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, destacou na súa intervención os obxectivos do premio, que inclúen honrar a memoria de Tomás Fábregas, recoñecer a persoas e entidades activistas e inspirar ás novas xeracións a través de exemplos de loita, coidado e compromiso. Canosa puxo en valor os 15 anos de traxectoria de ALAS A Coruña, lembrando a súa orixe no legado do colectivo Milhomes e a súa acción continua nos ámbitos da saúde, educación, cultura, mocidade, apoio legal, asesoramento psicosocial e denuncia das violencias LGTBIfóbicas.
Ambas fixéronlle entrega da distinción á presidenta de ALAS A Coruña, Ana García, quen agradeceu o recoñecemento e reivindicou o papel do activismo comunitario como ferramenta de transformación social. Asimesmo, quixeron recoñecer, destacou, a súa intervención no xuízo polo asasinato de Samuel Luiz, no que a entidade exerceu a acusación popular e contribuíu á primeira sentenza firme en Galicia que recoñece a agravante de odio homófobo nun caso de asasinato.

8 de diciembre de 2025

6 de diciembre de 2025

3 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible