Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

3 de agosto de 2023

Amaia chega ás Festas de María Pita para presentar o seu segundo disco: ‘Cuando no sé quién soy’

A cantante actuará no escenario da praza este venres a partir das 22.00 horas

Tras MIKA, Víctor Manuel e o espectáculo Locos Coruña, chega ás Festas de María Pita 2023 Amaia, na xira de presentación do seu segundo traballo discográfico: 'Cuando no sé quién soy'. O seu concerto será este venres, 4 de agosto, ás 22.00 horas no escenario instalado na praza de María Pita.

A artista navarra, que deu o salto á fama tras gañar o concurso musical Operación Triunfo e participar en representación de España en Eurovisión, está este 2023 inmersa nunha gran xira que a levou polos principais festivais do país e que acumula distintas datas internacionais. Na súa curta carreira Amaia Romero conta con canción de grande éxito nacional e numerosas colaboracións con artistas da categoría de Aitana, Alizzz, Rojuu ou Rigoberta Bandini.

O Goberno de Inés Rey busca nesta edición das Noites de María Pita ofrecer actuacións heteroxéneas para diferentes tipos de público. Pop, rock, música clásica, folk ou música galega son algúns dos estilos musicais que pasarán polo escenario da praza durante este mes de agosto.

Programación Noites de María Pita

  • 5 de agosto, 22.00 horas: Vanesa Martín
  • 6 de agosto, 22.00 horas: El Kanka
  • 7 de agosto, 20.00 horas: Rock en familia
  • 8 de agosto, 22.00 horas: Waterboys
  • 13 de agosto, 22.00 horas: Los40 Summer Live: Zzoilo, Leo Rizzi, Marlon, Hilario, Paula Cendejas, Polo Nández, Álvaro de Luna, Nickzzy, Miki Núñez, Charlie USG e Paula Koops.
  • 15 de agosto, 22.00 horas: Xabier Díaz
  • 16 de agosto, 22.00 horas: Umberto Tozzi
  • 20 de agosto, 22.00 horas: Mangüi sempre en nós. Concerto homenaxe-celebración a Manuel Martín "Mangüi" con Os Diplomáticos de Monte-Alto, Antón Reixa, Bieito Romero, Josito Pereiro, Mercedes Peón, Paco Lodeiro, Uxía...

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión