A Coruña City Council

A Coruña City Council

Dates:

7 of may of 2025

Aprobado o convenio interadministrativo de Coruña Marítima, que permitirá avanzar na transformación dos peiraos interiores da Coruña

Este venres 9 presentaranse as conclusións do proceso participativo de Coruña Marítima. Será ás 9.30 horas no Espazo Avenida do Cantón Grande, con acceso libre

A Xunta de Goberno Local aprobou este mércores o convenio interadministrativo que establece as partidas económicas coas que o Concello, Puertos del Estado, a Autoridade Portuaria, o ADIF e a Xunta abren camiño á licitación do máster-plan que axudará a deseñar o plan de transformación dos espazos do porto interior da Coruña.

A alcaldesa, Inés Rey, apuntou que este "é un paso fundamental para cumprir os compromisos establecidos pola Comisión Coruña Marítima e, desta forma, avanzar na recuperación da fachada portuaria da nosa cidade". O orzamento deste convenio a cinco é de 3,3 millóns, dos que o Concello achegará máis de medio millón de euros entre o vindeiro ano e o 2027.

Neste sentido, en abril remataron os obradoiros temáticos de Coruña Marítima que, coa colaboración da cidadanía, están a axudar a definir o proxecto de recuperación dos peiraos interiores, ao abeiro do traslado da meirande parte da actividade portuaria a Punta Langosteira, poderá abrirse ao mar nos antigos peiraos. Os talleres complementáronse coa apertura dunha caixa dixital de suxestións, para facilitar a recollida de achegas das coruñesas e coruñeses.

Este venres 9, no foro final de Coruña Marítima, presentaranse as conclusións deste proceso participativo. Será ás 9.30 h da mañá no Espazo Avenida do Cantón Grande, con acceso libre ata completar a capacidade prevista.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión