22 de julio de 2026
A alcaldesa, Inés Rey, percorreu a feira, que contará con numerosas compañías artísticas e propostas de ocio, gastronómicas e comerciais
A XXX edición da Feira das Marabillas comezou este mércores cun acto de apertura no que participou a alcaldesa, Inés Rey, que visitou as principais localizacións desta celebración. O epicentro dos festexos volve ser a Cidade Vella e a praza de María Pita, onde haberá actividades ata este domingo, 26 de xullo.
O Concello colabora coa Asociación Comercial e Empresarial 'Ciudad Antigua' da Coruña (ACECA) na organización deste evento. "Este acontecemento xa forma parte do imaxinario do verán coruñés, e serve de antesala das grandes festas de agosto, as festas de María Pita", sinalou Inés Rey durante a apertura da mostra, celebrada na praza de Azcárraga. O evento ten orixe na Feira Franca do século XVI e retomouse no 1993 como feira de ambientación medieval. A Cidade Vella recreará A Coruña da Idade Media, con cinco días de actividades gratuítas para todos os públicos.
Numerosas compañías artísticas participarán nesta edición, na que volverá a contarse co Recuncho das Pícaras na praza de María Pita, con atraccións e actividades pensadas para os e as máis pequenas. Entre a extensa programación destaca o encontro de música medieval que terá lugar na igrexa de Santiago o venres 24, ás 20.30 horas, con entrada libre ata completar capacidade. A oferta da feira complétase con numerosas propostas gastronómicas, de ocio e comerciais. O horario de apertura da feira é de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 23.00 horas.
A Feira das Marabillas é unhas das actividades incluídas polo Goberno de Inés Rey no extenso calendario cultural e de ocio previsto para este verán.

23 de julio de 2026

23 de julio de 2026

21 de julio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible