Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

30 de septiembre de 2020

As actividades das Escolas Deportivas Municipais comezan mañá

Excepto na piscina municipal de Riazor, debido ás obras que se están realizando na cuberta

A Concellaría de Deportes anunciou que mañá 1 de outubro as Escolas Deportivas municipais iniciarán a súa actividade, excepto na piscina municipal de Riazor, onde se están realizando obras na cuberta. A renovación das escolas de natación e recuperación funcional da piscina de Riazor realizarase unha vez rematados os traballos de acondicionamento.

Así, a partir do xoves, o alumnado deberá incorporarse o día que lle corresponder, segundo o horario da súa actividade. Desde o Servizo de Deportes, explican que o primeiro día de cada actividade non se realizará actividade física. Farase unha presentación para que o profesorado explique as medidas xerais e específicas de cada actividade do protocolo Covid-19, que marcan as directrices das actividades durante o curso.

O protocolo Covid-19 estará colgado na web de Deportes https://www.coruna.gal/deportes/es para coñecemento xeral e será de cumprimento obrigado polo alumnado.

Será obrigatorio usar a máscara en todo momento. Ademais, pídeselle ao alumnado puntualidade na chegada á instalación. As persoas que cheguen tarde non poderán acceder á actividade.

Estableceranse grupos de máximo 25 (profesorado e alumnado), excepto nas zonas restrinxidas, onde serán máximo 10 persoas e as portas de acceso e saída estarán diferenciadas, en función da actividade.

Tampouco se poderán utilizar os vestiarios. Por tanto, cada persoa debe acudir á actividade con roupa e calzado deportivo. O alumnado debe acudir con material deportivo propio, co fin de evitar que se comparta material.

ACTIVIDADES

MATERIAL PROPIO

Mantemento, pilates, GAP e BAL e adestramento intensivo

Esterilla e banda elástica

Tenis, bádminton y pádel

Raqueta

Judo e Aikido

Cinto propio

Patinaxe

Patíns

Escalada

Pés de gato

Ximnasia rítmica

O material que indique o profesorado no primeiro día de clase

Na actividade de esgrima, o concello facilitaralle ao alumnado unha máscara na modalidade de préstamo, que deberá devolver en boas condicións ao rematar o curso. Porén, se o desexaren, as alumnas e alumnos poden levar a súa propia máscara.

Por último, será obrigatorio asinar unha declaración responsable que lles será facilitada xunto coa folla de matrícula o primeiro día de clase.

No caso do Club do Mar de Santo Amaro, as actividades comezarán o 1 de outubro, mentres que no Complexo Polideportivo de San Diego empezarán o luns 5 de outubro. Nestes casos, o alumnado deberá acudir á páxina web da entidade deportiva para coñecer o protocolo Covid-19 aprobado para o inicio das actividades.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión