Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

1 de febrero de 2023

As áreas de Urbanismo e Vivenda conceden licenza para rehabilitar as fachadas en dúas das Torres de San Diego

O orzamento que se destinará á execución material das obras, por parte das dúas comunidades de propietarios, é superior aos 2,5 millóns de euros

Este mércores 1 de febreiro, a Xunta de Goberno Local fixo balance das licenzas resoltas no período entre os días 13 e 26 de xaneiro, con 194 expedientes notificados, dos que 33 foron licenzas urbanísticas e 97 foron obras en réxime de comunicado.

Entre as licenzas concedidas destacan as dúas que permitirán a rehabilitación das fachadas de dous edificios das Torres de San Diego, na contorna do Parque Europa. Son, concretamente, o número 2 da rúa Río Monelos e o número 16 da avenida do Exército.

En base aos informes favorables da Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, autorízase ás comunidades de propietarios a acometer unha serie de melloras que abranguen, a grandes rasgos, a rehabilitación da envolvente dos edificios, substituíndo as fiestras e reforzando o illamento da estrutura, co obxectivo de garantir unha correcta eficiencia enerxética.

Neste sentido, garántese un tratamento estético homoxéneo do conxunto dos edificios das Torres de San Diego, xa que as cores dos acabados serán iguais cas existentes actualmente. O orzamento que se destinará á execución material das obras, entre as dúas comunidades de propietarios, é superior aos 2,5 millóns de euros.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión