7 de agosto de 2023
Tras o concerto deste martes 8, que comezará ás 22.00 horas, as actuacións volverán á praza tras o Festival Noroeste Estrella Galicia
A banda británica The Waterboys porá, este martes 8 ás 22.00 horas, o punto e seguido ás 'Noites de María Pita', ciclo de concertos incluído dentro da programación das Festas de María Pita. As actuacións na praza continuarán o domingo con Los 40 Summer Live, tras a programación do Festival Noroeste Estrella Galicia, entre o mércores 9 e o sábado 12 de agosto.
O concerto de The Waterboys será unha das grandes actuacións internacionais destas Festas de María Pita. A formación liderada por Mike Scott conta con máis de 40 anos de carreira ás costas e numerosos discos de éxito como 'This is the sea' (1985), 'Fisherman's Blues' (1988) ou 'Room to room' (1990). A formación fíxose popular pola súa mestura de estilos rock e pop co folclore irlandés.
Nos últimos anos mantivéronse activos coa publicación en maio de 2019 do seu décimo terceiro disco de estudio: 'Where the action is'. En agosto de 2020 lanzaron 'Good luck, Seeker' e no 2022 o que é ata a data o seu último traballo, 'All souls hill'. Na praza de María Pita, The Waterboys farán un repaso da súa extensa e prolífica carreira musical para poñer fin a esta primeira parte das 'Noites de María Pita'.
Programación das 'Noites de María Pita'
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible