Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

16 de marzo de 2025

As obras de reurbanización dos Cantóns avanzarán o luns coas primeiras demolicións da mediana, que non suporán restricións ao tráfico

Coa retirada da medianeira, e xa co aglomerado reposto, será posible recolocar os carrís para o paso de vehículos nas diversas fases de execución

Avanzan os preparativos de cara á reurbanización dos Cantóns, que arrincaron esta semana co balizamento das zonas iniciais de actuación, o marcado de servizos e a instalación das primeiras casetas e valados de obra.

Neste sentido, mañá, luns 17, o Concello dará un paso máis nesta folla de ruta preliminar, coa retirada progresiva da medianeira axardinada existente no treito entre o Obelisco e o Teatro Colón. Esta intervención é necesaria para facilitar os traballos posteriores e tamén para delimitar os espazos de paso de tráfico rodado no desenvolvemento das obras.

A este respecto, a partir do luns, así como nos días posteriores, procederase ao pintado en amarelo e á instalación da sinalización que especificarán as zonas de obra, e manterase un carril por sentido para o paso do tráfico rodado. A demolición da medianeira é fundamental neste contexto, xa que tras a súa retirada, e co aglomerado reposto, será posible recolocar os carrís, cando sexa necesario, para o paso de vehículos nas diversas fases de execución.

A alcaldesa, Inés Rey, recalcou hoxe que, tal e como se adiantou a inicios desta semana, nos vindeiros días haberá encontros sectoriais para informar ao detalle da planificación prevista de cara aos próximos meses, co obxectivo de solucionar as dúbidas e consultas que poidan xurdir, por exemplo, en termos de mobilidade, transporte e alteracións no tráfico, "que tentaremos minimizar na medida do posible".

Os traballos nos Cantóns, para os que se prevé un prazo de execución de vinte meses, sempre e cando as condicións meteorolóxicas así o faciliten, realízaos a UTE Abeconsa-Canarga, adxudicataria dun contrato no que o Concello da Coruña leva a cabo un investimento de máis de sete millóns de euros.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión