Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

25 de mayo de 2023

As obras ‘Eclipse total’ e ‘Ás para Álex’ conforman a oferta teatral municipal para esta fin de semana

‘Eclipse total’, da compañía valenciana Pont Flotant, chega ao Teatro Rosalía de Castro o venres e sábado, no contexto do Ciclo Principal de Primavera

A oferta teatral do Concello para esta fin de semana inclúe dúas novas obras correspondentes ao Ciclo Principal de Primavera do Teatro Rosalía de Castro e o Ciclo Todo Público, no Fórum Metropolitano.

O venres 26 e sábado 27 haberá sendas funcións da obra 'Eclipse total', da compañía valenciana Pont Flotant. Serán no Teatro Rosalía de Castro, ás 20.30 horas, no contexto da programación polo Ciclo Principal de Primavera. Tamén o sábado, ás 18.00 horas, o Fórum Metropolitano acollerá a obra 'Ás para Álex', de Baobab Teatro, ao abeiro dos espectáculos previstos nesta tempada do Ciclo Todo Público.

Con guión e dirección de Pont Flotant, con Àlex Cantó e Jesús Muñoz como intérpretes, 'Eclipse total' é unha metáfora sobre o destino insalvable do final dos nosos días, que comeza cunha eclipse que serve de reflexión sobre o legado, a memoria, os tabués, a dignidade humana, cunha proposta escénica impregnada de humor e que mezcla o trascendental co cotián e que parte do íntimo e persoal para achegarse ao social.

O Ciclo Todo Público volve ao Fórum Metropolitano

Este sábado 27, ás 18.00 horas, tamén retorna o Ciclo Todo Público ao Fórum Metropolitano. Será coa obra 'Ás para Álex', de Baobab Teatro, un espectáculo de teatro e monicreques. Trátase dunha obra recomendada para público infantil a partir de 5 anos, e que obtivo o Premio 'Provincia a escena' da XXV Feria de Teatro de Castilla León.

'Ás para Álex' trata un tema moi necesario, como é a esperanza e o xogo como elementos para a superación das dificultades. Neste caso, para soportar unha doenza. Con esta obra comprometida, divertida e chea de verdade, ternura, tensión e moita graza, Baobab Teatro fai unha invitación a rir e a emocionarse en familia.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión