Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de xullo de 2022

As praias de Riazor, Orzán e San Amaro acollen este verán actividades de tempo libre e salvamento deportivo

As actividades serán impartidas polo persoal de socorrismo do Concello, que organiza catro sesións diarias

O Concello da Coruña colabora a través do seu persoal de socorrismo de praias en actividades de tempo libre e salvamento deportivo. Estas formacións están coordinadas pola Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia e van dirixidas a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos.

Durante os meses de xullo, agosto e ata mediados de setembro os socorristas ofrecerán formación de maneira totalmente gratuíta nas praias de Riazor, Orzán e San Amaro. As leccións lévanse a cabo en sesións de unha hora e media e o seu principal obxectivo é o lecer das persoas participantes, ao mesmo tempo que reciben instrucións de utilidade en caso de emerxencia.

Os nenos e nenas que participan aprenden leccións básicas en salvamento deportivo, unha disciplina pouco coñecida e que pode ser de grande importancia en determinadas situacións de perigo. Hai dispoñibles catro sesións diarias, de luns a venres, que dan comezo ás 11.00, 13.00, 16.00 e 18.00 horas.

Para realizar as inscricións é suficiente con acceder a páxina web oficial da Federación de Salvamento e Socorrismo na seguinte ligazón. Ante calquera dúbida coa inscrición pódese acudir uns minutos antes das sesións aos postos de socorrismo, nos cales se deben presentar os nenos e nenas ao inicio de cada clase.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión