Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

3 de abril de 2020

Así funcionou o cancelo #corunaencasa nos últimos días

Este cancelo permite localizar os contidos culturais e educativos compartidos nos perfís sociais municipais

As redes sociais municipais énchense de iniciativas para facer fronte ao confinamento. Esta semana puidemos compartir noticias, recomendacións e iniciativas como as que enumeramos a continuación.

Puidemos realizar visitas virtuais, como a impulsada por Turismo da Coruña ao Parque Escultórico da Torre de Hércules, ou polo Servizo Municipal de Educación en colaboración coa Federación Provincial das ANPA ao Palacio da Capitanía ou á praza de María Pita.

Desde Bibliotecas recomendáronnos a lectura de contos a través dos blogs das salas infantís ou de cómics. E Museos Científicos permitiunos coñecer a web Stellarium.

A nosa arte en corentena

Desde a Concellería de Educación e Cultura abrimos a sección "A nosa arte en corentena" que mostrará unha serie de vídeos de artistas locais e inaugurámola coa última mostra da artista plástica coruñesa Luisa Valdés.

Unha semana máis, o persoal membro da Sinfónica de Galicia volveuse xuntar. Cada quen desde a súa casa e cunha mensaxe clara: "Cando creas que está todo perdido, non te rendas. Sé Nimrod!".

A actividade do concello

O concello lanzou unha nova campaña con slogans para que quedemos na casa e habilitou unha web específica para informar sobre as novidades do coronavirus. Tamén se sumou á iniciativa de PhotoEspaña para que todas e todos compartamos as fotos que podemos realizar desde as nosas fiestras e balcóns.

Outras novas

Finalmente, como novas destacadas, soubemos:

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión