Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

24 de abril de 2020

Así se desenvolveu a actividade nas redes sociais municipais esta semana

Enumeramos algunhas das iniciativas promovidas nos últimos días baixo o cancelo #corunaencasa

Nos últimos días, dende a Concellería de Educación deu a coñecer o "stop motion" que se lle dedicou ao alumnado do CEIP Curros Enríquez. E púxose á diposición dos usuarios a oferta da Escola de Conservación Superior e Restauración de Bens Culturais de Galicia. 

Na última semana o programa Xaque ao Virus superou as 50.000 mil visitas e, en canto ao programa Itinerarios Virtuais, percorreuse a cidade da man de persoeiros coruñeses. Ademáis, como é habitual, coa Nosa Arte en Corentena presentouse a diferentes artistas, neste caso, a Manel Cráneo, Siro López, Víctor López e Jorge Llorca.

Doutra banda, comezou o dispositivo #NinguénAtrás co repartimento de tarefas ao alumnado solicitante do CEIP Rosalía de Castro. 

Pola súa parte, o Concello lanzou a campaña #FacémoloPor para coñecer os motivos dos coruñeses e coruñesas para quedar na casa. Este vídeo amosa unhas cantas!

Nas demais canles municipais

O Servizo Municipal de Bibliotecas "mollouse polos libros" cunha campaña polo Día do Libro en que apostan polo acceso universal á cultura.

E o Centro Municipal de Información Xuvenial (CMIX) lanzou unha guía de recursos #EnRédateNaCasa en que atopar diferentes propostas para mover o corpo.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión